off
Política — 2 Setembro, 2012 at 7:03 p.m.

Cara a manifestación da Diada

by
Tossa de Mar
Foto: Olláparo

 

Impulsadas pola Assemblea Nacional Catalana (ANC), corenta vilas e cidades de Cataluña veñen de mudar as prazas de España en prazas da Independencia.

Mataró, Torroella de Montgrí, Roda de Ter o Tàrrega, entre outras, acolleron actos simbólicos no que se mudou o nome das prazas.  Os actos  están a ter ampla participación cidadán como limiar da manisfestación convocada por ANC na Diada reclamando a independencia.

Na Costa Brava, perto dun milleiro de persoas, participan nunha singladura independentista de LLoret  a Tossa de Mar.

A mediados de agosto a presidenta de ANC, Carme Forcadell, vai afirmar que a concentración convocada en Barcelona  o vindeiro once de setembro (Diada Nacional de Cataluña), sería ” a manifestación independentista máis importante da historia do país”.  As previsións de participación semellen ir a máis e as prazas dos perto de catrocentos autobuses e dous comboios que se organizaron para achegar aos cidadáns de todo o país á capital catalana semellan estaren esgotadas.  Por mor desta previsión, a ‘ANC  viuse forzada a mudar duas veces o percorrido previsto da marcha para poder acoller á cidadanía que se está a mobilizar por todo o país.

Hai dias que as rúas Cataluña amosan máis “estelades”  do que a decote, ao que se suman os diversos actos enmarcdos dentro da campaña  ‘Marxa cap a la Independència’ , direccionada a “acordar as consciencias da poboación” e catalizar a “forzae  vontalde independentista”   que hai  en moitas localidades.

 

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off