off
O Curruncho musical de Antón — 29 Agosto, 2012 at 11:37 a.m.

Concerto de piano e cello no Auditorio

by

O sábado pasado, día 25 de agosto, celebrouse no Auditorio Municipal un concerto de piano e cello.

As intérpretes, dúas fermosas mulleres, unha nacida en Suiza e, emparentada co gran músico Roxelio Groba; desenvolveu toda a súa carreira musical na Coruña e Oviedo. Profesora do instrumento, con numerosas mencións e títulos acadados tanto dentro de España como por diversos países europeos. E a outra, unha cedeiresa que exerce de profesora de piano, premio extraordinario fin de carreira, con outros moitos títulos que conquiriu en España , Francia e Alemaña. Estou a falar de Clara Groba e de Rosa María García Barcia. Deron un magno concerto con obras de Antonino Dvorak, Debussy….
As executantes estiveron á altura das circunstancias desgranando arpexios e pizzicatos de difícil execución, pero que souberon saír airosas do seu cometido.
Noraboa ás dúas, especialmente á nosa veciña Rosa María.

Só un fallo, que se repite, pois cando veu a Orquestra Sinfónica de Galicia, sendo concelleiro de cultura o Sr. Tobío, estivo no concerto pero á orquestra non a presentou ninguén. Desta volta o acontecido foi igual, o Sr. Luís Rubido, concelleiro do “ramo” estivo , pero como se nada…un pouco de por favor.

2 Comments

  1. Xosé Antonio Suárez Aneiros

    É certo o que di, pero cando hai unha variación no repertorio, algunha salvedade que facer, algún imprevisto – como así ocorreu- é preceptivo facelo saber ó público; pero diría máis, tratándose dunha intérprete da localidade non estaría demais que o concelleiro de cultura ou persoa na que el delegue poña de relevo os extremos anteditos e chufe (que non lle fai falla) a unha rapaza que hoxe é un valor en alza no mundo do piano.

  2. Khachaturian

    A decote, un bon programa de man é millor cas presentacións pouco acaídas e forzadas de quen non ten máis interese na música, ou calquera outro acontecimento cultural, que unha oportunidade para autopromocionarse. Millor un bon programa de man

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off