off
O Curruncho musical de Antón — 29 Agosto, 2012 at 11:37

Concerto de piano e cello no Auditorio

por

O sábado pasado, día 25 de agosto, celebrouse no Auditorio Municipal un concerto de piano e cello.

As intérpretes, dúas fermosas mulleres, unha nacida en Suiza e, emparentada co gran músico Roxelio Groba; desenvolveu toda a súa carreira musical na Coruña e Oviedo. Profesora do instrumento, con numerosas mencións e títulos acadados tanto dentro de España como por diversos países europeos. E a outra, unha cedeiresa que exerce de profesora de piano, premio extraordinario fin de carreira, con outros moitos títulos que conquiriu en España , Francia e Alemaña. Estou a falar de Clara Groba e de Rosa María García Barcia. Deron un magno concerto con obras de Antonino Dvorak, Debussy….
As executantes estiveron á altura das circunstancias desgranando arpexios e pizzicatos de difícil execución, pero que souberon saír airosas do seu cometido.
Noraboa ás dúas, especialmente á nosa veciña Rosa María.

Só un fallo, que se repite, pois cando veu a Orquestra Sinfónica de Galicia, sendo concelleiro de cultura o Sr. Tobío, estivo no concerto pero á orquestra non a presentou ninguén. Desta volta o acontecido foi igual, o Sr. Luís Rubido, concelleiro do “ramo” estivo , pero como se nada…un pouco de por favor.

2 Comentarios

  • A decote, un bon programa de man é millor cas presentacións pouco acaídas e forzadas de quen non ten máis interese na música, ou calquera outro acontecimento cultural, que unha oportunidade para autopromocionarse. Millor un bon programa de man

  • É certo o que di, pero cando hai unha variación no repertorio, algunha salvedade que facer, algún imprevisto – como así ocorreu- é preceptivo facelo saber ó público; pero diría máis, tratándose dunha intérprete da localidade non estaría demais que o concelleiro de cultura ou persoa na que el delegue poña de relevo os extremos anteditos e chufe (que non lle fai falla) a unha rapaza que hoxe é un valor en alza no mundo do piano.

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: