off
Galiza — 27 Xuño, 2012 at 4:29 p.m.

Chamábase Iria

by

Chámabase Iria García, veciña de Narón, tiña 28 anos. Ela denunciara a quen fora a súa parella en repetidas ocasións por ameazas e temía pola súa vida. Cando a atopaba con outra persoa dicíalle: «Zorra, andas metiendo a todos en casa… os mato a él y a ti»…

Recibiu unha coitelada no pescozo ao mediodía de onte e en plena rúa. Faleceu no lugar dos feitos. O asasino confeso é Óscar José Ferreño Fraga e así o funda o demo no inferno.

Iria descanse en paz, xa que o terrorismo machista non lle deixou escoller o seu camiño, tal era o dereito de propiedade ou exclavitude que pretendía o seu asasino sobre a súa existencia, até o sacrificio da súa vida denantes que a súa liberdade.

E nós, nunca permitamos a normalización da violencia machista. Nunca máis!

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off