off
Meio ambiente — 25 Maio, 2012 at 4:41 a.m.

Desfeita na Magdalena

by

Unha semana despois do remate das Festas de San Isidro de Cedeira, póñome a facer este traballo de denuncia, de cómo quedaron as dunas da Praia da Magdalena,dende a caseta da Cruz Vermella ata O Chiringuito( antiguamente o Camping), despois do “Tsunami” de lixo que alí deixaron os que participaron no “Cola-Caos” durante dous días.

Para mín os máximos responsables desta desfeita vergoñenta ecolóxica, son os que estiveron nela, e despois o goberno municipal do PP, por non poñer os medios necesarios para que isto non pasara( como contenedores na zona das merendas, carteis que recordasen a importancia e a  obriga da recollida de lixo, presenza da Policía Local informando deses feitos,etc,etc…)

¿Outros responsables? Poden ser as Institucións Públicas como Seprona, Consellería de Medioambiente ou Demarcación de Costas. Esta última parece ser a máxima responsable de tódalas dunas de Galiza.

A estas Institucións, como tamén á prensa , voulles mandar unha reportaxe fotográfica que acompaña a este traballo, para que sirva de denuncia e poñañ remedio a esta agresión ó Medioambiente, que se repite tódolos anos.

[wzslider autoplay=”true” transition=”‘flash'”]

2 Comments

  1. Socialízase no desleixo….Mesmo deixando facer acampada libre derriba do que queda das dunas (a vexetación que eu coñecin de neno , u-la? xa logo non quedan tarais) é incomprensibel que a o concello conservador non dispoña de medios para reducir o impacto (contentores do lixo, zona balizada, axentes cívicos que informen,etc). Aconteceu o mesmo co Lugnasad. O que se pon de relevo é que a urbanización do espazo dunar e de toda a contorna só sirveu aos constructores. Agora ponse en envidencia que non hai espazos para determinadas actividades. Non houbo vontade antes e non hai vontade agora.

  2. Non eran os cans o problema?. Os que cagaban a Praia…ou a xebra, a xebra tamén era un problemón! Outro gran problema non vai tanto tempo. A realidade é que esas imaxes son un espello do que somos. Nenos da Vila que levan meses aprendendo con Diego de Picapeixe os bens da natura recollendo o desleixo doutros…e agora isto non ten razón de ser no SXXI mais que nunha sociedade decadente e mal aprendida. Nunca Mais comeza por nos mesmos.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off