off
Galiza, Politica espanhola — 22 Marzo, 2012 at 5:51 p.m.

Copa do mundo do fraude

by

Convén lembrar, agora que seica a copa do mundo gañada pola selección de futbol representante do estado español se vai pasear por Cedeira coma lady Godiva, que  os clubes profesionais deste deporte de masas   manteñen  débedas  de até 750 millóns de euros coa Seguridade Social e con Facenda.  O BNG ven de propor no Congreso dos Deputados unha  proposta de teito de gasto que é do máis acaída. Cando se nos está a impor a ideoloxía neoliberal da austeridade do gasto público  a fascinación dourada  debería dar paso a unha seria reflexión sobre o privilexio do que gozan os gañadores desa copa. Os mesmos que tributaron en Sudáfrica, tan grande é o seu patriotismo. Os clubes que máis soldos pagan son os que máis nos están a deber a todos nós, aos que gostan e aos que non gostan do futbol, aos que traballan e máis ao 18,30% que están no paro. Un exemplo máis do dominio do capital sobre a política, sobre o deporte.

 Si, cómpre lembrarnos que todo isto forma parte dun proceso de reducción das persoas a simples consumidoras de emocións inducidas, fabricadas. Qué caste de necesidade – por non dicir de identificación-  pode ter un cidadán galego para agarrarse a esta sensibleria mesmo coñecendo o fraude que acobilla? Perdimos toda fonte de emoción   máis próxima, máis nosa.  Cómo é posibel emocionarse coas cores dun equipo  que se dí  “noso” cando nosos apenas son os pequenos clubes locais que sobreviven con paupérrima dificultade, cando a nosa, a Irmandiña, non ten nen pra xogar un amigabel?

Mália o agoiro dourado que non fai máis ca prolongar o espellismo,  imaxino mil esperanzas, mil primaveras e mil irmandiñas.

En foco:

>> Area football

>> Cedeira football

Tags

2 Comments

  1. En tanto, desfán a Selección Galega
  2. A verdade e que e un escandalo. Permitese unha debeda enorme, pero aos cidadans normais que lle adebedan a un banco desauciannos. Xa sei que houbo un ” cambio” nisto. Sigamos: si non tes cartos non vas poder pagar as receitas e te quedas sen medicacion.
    A cambio se nos ofrece ” diversion para o pobo”. Unha diversion que deixa un burato ben grande en forma de debeda a cal si se pagara poderia axudar nisto.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off