off
Ecoloxía — 26 Setembro, 2011 at 8:40 a.m.

A Frouxeira en perigo

by
Valdoviño, ao fondo a lagoa da Frouxeira

Nun post anterior    alertabamos dos estragos producidos por esa conciencia naif instalada na sociedade , o que é pior, nas políticas aplicadas nos últimos anos,  e que nos levan ao simulacro permanente, ao como si .

Esa teima da Demarcación de Costas en convertir todo o litoral nunha enxurrada de estradas, aparcadoiros, farolas e pasarelas está a consolidar a destrucción da costa. No canto de revertir e corrixir a presión exercida cando non había nengún tipo de protección (marbellización) , estase a proxectar máis unha agresión sob a capa de protección. O Plan de Ordenación do Litoral de Feijoo é unha pura ambigüedade destinada a desprotexer 20.000 h. menos que as proxectadas na lei dos 500 metros do bipartito. Hai exemplos a eito por todo o litoral galego (Cedeira, Viveiro, Barreiros, Foz,  Orzán, Perbes,… ). Todos eles escenifican o simulacro de caracterizar como protexido, mesmo como desenvolvimento sustentabel, o que non é mais que unha concepción do territorio como investimento financieiro que esquece as coordenadas sociais, culturais,  xeográficas,  ecolóxicas e identitarias de cada lugar. Actuacións que seican están dirixidas a protexer (asín son presentadas) deturpan o significado  de “espazo protexido” (Rede Natura) e móvense no curtopracismo especulativo cando  estas actuacións  son asuntos a longo prazo xa que,  afectándonos a nós,  determinan a sociedade futura. Confundese premetidamente co obxectivo de colonizar espazos  que deberían ser intocábeis – se é que ainda nos queda un bocadiño de autoestima- xa que a súa supervivencia depende de fios moi febles que calquera desequilibrio pode tornar irreversibel. Sobre o xestión do territorio non pode haber potestades exclusivistas . Os regatos e a zona perimetral das dunas son tan importantes como a própia lagoa e as dunas. Que futuro se está a proxectar con esta desfeita?  Qué turismo se está a fomentar? Isto é o que está a punto de acontecer na Frouxeira se o proxecto supera a fase de información pública.

Velaquí o Anuncio da Demarcación de Costas en Galicia referente á Información pública do estudo de impacto ambiental e do proxecto “Actuacións  no entorno de A Frouxeira T.M. de Valdoviño (A Coruña) ref.: 15-0659”.Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino

Vede o anuncio aquí: BOE número 202 de 23/8/2011, páxinas 84554 a 84554 (1 páx.) Referencia: BOE-B-2011-27972

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off