Para dar continuide á actividade permanente do BNG-CEDEIRA na procura de colaboración cos sectores produtivos do noso Concello, o mañá martes día 4 de abril a eurodeputada Ana Miranda participará nunha reunión de traballo na Casa do Pescador coa Confraría de pescadores ás 12.00 horas á que asistirán, a Secretaria desta entidade, o Vicepatrón maior, a Bióloga da Reserva Mariña e membros do Comité de Xestión da Reserva. A reunión contará con a asistencia ds concelleira do BNG Manoli López e do candidato, Xosé de Vigo.
Tratarese a situación económica da confraría e os múltiples obstáculos que a administración europea, estatal e autonómica impoñen á actividade da pesca, a imposición das administracións e oligopolios que queren implantar parques eólicos mariños nos caladoiros históricos, máis tamén,segundo puido saber Ollaparo, Ana Miranda defenderá o vieiro estratexico de abondar na Declaración da Reserva Mariña (só hai duas en Galiza) para defender a integridade dos caladoiros das agresions da industria offshore, sendo xanela aberta á achega de fondos europeos e un alicerce para a mellora e procura dun futuro prometedor para a continuidade da Confraría de Pescadores.
Ana Miranda non é primeira vez que acude para coñecer a situación da confraría ou da Praia da Madalena.É preciso lembrar tamén que a deputada en Bruxelas do BNG, foi gran amiga da cedeirense Dionisia López Amado, madre de mayo na Arxentina. Dionisia padeceu dúas ditaduras aquén e alén mar. Secuestrárolle e asasinarónlle ao seu fillo e á súa nora. Activista e Nai da Plaza de Mayo ben lembrada internacionalmente e a quen gardamos sempre na nosa memoria e nos nosos corazóns. Cando os tempos sexan chegados de gobernar, é xusto e necesario termola moi presente para que o seu legado antifascista e a prol dos dereitos humanos sexa recoñecido e partillado por toda a veciñanza.









