En Ferrolterra e o Ortegal o transporte publico arrastra desde hai tempo graves eivas produto do abandono das administracións e sobre todo, que os planos de transporte sempre foron encamiñados a beneficiar o transporte privado de persoas .O governo galego renuncia a reivindicar poderes e criar “Ferrocarrís de Galicia”, como existem em Euskadi, Catalunha, Valência ou Maiorca.
O 80% dos cidadáns da UE viven nas cidades. Isto supoñen o 1% do territorio, mentres consumen o 85% da enerxía e xeran o 80% das emisións de GEI, co cal, o primeiro paso é facer cidades sostíbeis, xa que, na actualidade os esquemas de mobilidade céntranse no uso do vehículo privado. E cando se fala de cidades sostíbeis dende o punto de vista do transporte e a mobilidade, hai que falar de eficiencia, mais non so económica, senón tamén da eficiencia medioambiental; é dicir, menos contaminación. É fulcral descarbonizar os sistemas de transporte, produción e consumo. Neste punto hai que dicir, que o transporte supón o 40% do consumo da enerxía, do cal, o 80% procede do transporte por estrada, o 14% por vía mariña, o 4% aérea e non chega o 3% o comboio. Outro dato a ter en conta é que, os desprazamentos de viaxeiras por estrada supoñen o 90%, fronte ao 5% do comboio. Desde 1990 as emisións de GEI devidas ao transporte aumentaron un 71% a pesar da crise. Estudos na UE ditaminan que a exposición a estas partículas supoñen, entre 9 meses a 2 anos de vida menos. A contaminación no estado español, xa que, non teño os dados da Galiza supoñen, un desembolso económico pra as arcas de entre o 1.5%-5% do PIB, o que equivale, entre 500-1200 € por persoa e ano.

Se realmente queremos que a mobilidade se faga de xeito sostíbel, é fulcral reducir o uso do transporte privado automóbil e fomentar o transporte público e o transporte sen motor, que teñen meno impacto ambiental. Polo contra, o automóbil é o medio de transporte que más contamina, o que máis enerxía consume por persoa transportada e o que máis espazo ocupa. Ao mesmo tempo, é un dos maiores responsábeis do mal funcionamento dos transportes públicos e inhibe o uso da bicicleta, como medio de transporte. En definitiva, é necesario elaborar planos de mobilidade sostíbel, que estean por enriba dos planos urbanísticos que priorizan a mobilidade privada a motor e de outro tipo.
O transporte público é o medio mais económico, xusto e sustentábel, debido ás baixas emisións de CO2 e outros gases de efecto invernadoiro, en proporción ás persoas/mercadorías transportadas. O transporte público é o medio de transporte, que fai por igual aos habitantes dos distintos lugares que enlaza. Ademais é un sistema de transporte que reduce a necesidade de aparcamentos e de novas e custosas infraestruturas, que tanto dano fan ao medio ambiente. Xunto a isto, este sistema de mobilidade axuda a reducir o estres provocado polo uso do coche particular, reduce o número de accidentes, co cal, nos beneficiamos todos debido ao menor custe sanitario, favorece a circulación viaria, nos fai menos dependentes do petróleo e ademais e sobre todo repito, reduce as emisións de gases de efecto invernadoiro sendo isto, un dos principais problemas ao que se ten que enfrontar a humanidade.
Na nosa cidade, o transporte publico arrastra desde hai tempo graves eivas produto do abandono das administracións e sobre todo, que os planos de transporte sempre foron encamiñados a beneficiar o transporte privado de pessoas.
Situacións como o empioramento das liñas de autocarro que nos levan a outras cidades, como é o caso de Ferrol- Coruña onde a nova concesión concedida a Monbus, esta a producir situacións grotescas para as usuarias a maioría traballadoras e estudantes, que ningún autocarro de a volta a ria e se queden a meio camiño, tendo esta conectada, é algo cando menos curioso. Tamén podiamos dicir, que dándose o caso de ter en Leixa un cinturón sanitario, coa presenza de varios hospitais, onde traballan varios milleiros de pessoas todos os días, é imposíbel en determinadas quendas de traballo, acceder a estes centros en transporte publico, sobre todo os fins de semana. Por non falar do noso rural, onde a comunicación entre este e a cidade desde fai uns anos e inexistente e mesmo anecdótica, a pesar de ter un rural envellecido con necesidades especiais de mobilidade. Moita xente do campo ten problemas para acceder aos servizos básicos (saúde, bancos, concello, compras, ocio etcétera.) utilizando a inexistente comunicación en transporte público, o que induz un uso cada vez mais intensivo do privado.
Se a todo isto adicionamos a imposibilidade de usar o comboio, quer de vía estreita quer de vía larga, sendo esta última unha autentica odisea própria do s.XIX, para quen queira ir a Coruña desde Ferrol, danos como resultado, unha cidade cada vez máis incomunicada e pouco integrada no país. Un lastre para a sua área metropolitana e comarcal que frea as expectativas de recuperación









