Comunicado do BNG sobre o pleno extraordinario/espectáculo do 6 de Xullo.
Levamos percibindo ao longo de todo este mandato absoluto do señor alcalde Pablo Moreda o mal que se acepta calquera crítica das que facemos dende a oposición e aínda así o “espectáculo” do pleno extraordinario deste 6 de xullo volveu a sorprendernos. O alcalde, nun discurso “ultra demagóxico”, nada novo por certo, adicouse a “abroncar” á oposición municipal entre outras cousas por criticar as obras da praza do 18 de decembro, deixando caer o seu malestar porque se escriban opinións ao respecto nas redes sociais…. Si, abraiante, que alguén tan mediático e que usa as redes para darse “autobombo” continuamente censure que fagamos o propio.
O noso cometido é facer oposición, sexa nos plenos, na rúa ou nas redes.
Tildóunos de oposición desleal, en serio???, o papel do BNG de Cedeira neste mandato ten sido “desleal”??? Bastante papelón levamos aguantando nun mandato marcado por unha pandemia con todo o que esta supuxo a todos os niveis e poñéndonos a disposición do seu goberno absoluto para colaborar no que fixera falta nuns momentos tan duros.
Pero o tempo pasa, queda menos dun ano para as próximas municipais e o alcalde igual está a darse conta de que o seu goberno unipersoal quedouse só en publicidade, titulares e posiblemente nunha “boa metedura de pata” coa súa grande obra-promesa e amosa o seu nerviosismo criticando que a oposición municipal non estea da súa parte.
No BNG temos memoria, e por desgraza este goberno traenos moitas lembranzas do pasado, doutros gobernos de maioría absoluta unipersoais que xa sufrimos neste pobo.
