O 26 de marzo, terá lugar a estrea do filme “Nación”, dirixido por Margarita Ledo, e producido por Nós – Produtora Cinematográfica Galega. O filme céntrase no conflito de Pontesa e o seu peche, coas mulleres como protagonistas desa loita, enmarcada nunha nación chamada Galiza. Toda a información do filme aparece recollida en http://nacion-film.gal e no tráiler: https://vimeo.com/455005270

Estas son as salas en que vai estar o venres, 26 de marzo e toda a semana onde estean abertos os cinemas:
- Vigo: Cines “Gran Vía”. Coa presenza, o venres 26, para a presentación e coloquio, de Margarita Ledo e varias das mulleres protagonistas da loita de Pontesa.
- A Coruña: Cines “Cantones Village”.
- Ferrol: “Dúplex Cinema”. O sábado 27, coa presentación de Margarita Ledo nas dúas sesións.
- Compostela: “Numax Cinema”. O venres 26, ás 19.25, coa presentación da directora de produción (Olaia Ledo), e a actriz Xoana Pintos; o domingo 28, ás 17.40, con coloquio e presentación de Margarita Ledo; o luns 29, ás 19.25, con coloquio e presentación de Margarita Ledo.
- Lugo: “Codex”.
- Pontevedra: “Cinexpo”.
Tamén están previstas proxeccións, cando abran as salas, en Ourense (“Pontevella”), A Estrada (“Central”), Vilagarcía (Cinema “Avenida”) e Marín (Cinema “Seixo”). E no Estado, proxectarase o filme o venres 26 de marzo, inicialmente, nos seguintes espazos:
- Madrid: “Golem”. A partir do 8 de abril tamén en “Cineteca”.
- Barcelona: “Zumzeig”
- Sant Feliu de Llobregat: “Cinebaix”.
- Cambrils (Tarragona): “Rambla de l’art”.
