off
COVID-19, Opinião, Política, Politica espanhola, Saúde — 25 Xaneiro, 2021 at 7:35 a.m.

Salvador Illa e o Ministerio do Tempo

by

Unha xogada mestra? Muito solene para un caso de abuso de poder. O arrebatacapas e a rifa na que se tornou a convocatoria do 14-F, escapa da dignidade que é presuposta a unha disputa política. Para estes espectáculos aínda non estamos vacinados de espanto. Entre outras cousas porque o trujimán afectado é o mismísimo ministro de Sanidade. O noso sicofante de cabeceira que polo civil oficiaba de filósofo rumiante. Salvador Illa, o único na súa gama capaz de soprar e sorber ao mesmo tempo. Un espléndido (in) significante baleiro que ao parecer ten todas as papeletas para encarnar á Generalitat, por subscrición popular, para liderar a regresión do soberanismo ao catalanismo. Premio á máis chafalleira xestión da pandemia en toda a Unión Europea.

A cousa acrescentou cando se coñeceu o último CIS catalán, aló por mediados de decembro pasado, que daba gañador das autonómicas a ERC, con JxCat quentandolle os calcañares, e o PSC, versión Iceta de candidato, en terceiro lugar e levantándose significativamente sobre anteriores enquisas. Con esas proxeccións, os homes de Iván Redondeo en Moncloa lanzáronse a escrutar proxeccións, e descubriron o “efecto Illa”. As sondaxes revelaban que un cambio na cabeceira da lista socialista, agochándoa tras o ministro de Sanidade, podía provocar un envorco nas urnas. Con esa partitura perpetrouse a escenificación que agora convulsiona ao rinxidoiro político. Un plus de futuro para o dirixente do PSC que implicaría a subordinación do titular de Sanidade á súa causa. O partidismo impúñase ao interese xeral.
O Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya (TSJC) que fallou manter a data das eleiións atinou de pleno. Á vez que xustifican a decisión polo seu “interese público”, os xuíces deixan aberta a porta a outras alternativas se ocorreren “mudanzas substanciais”, tanto nas directrices do estado de alarma como no ámbito sanitario “por unha evolución negativa”. En tais casos, poderíase xustificar outra decisión das autoridades competentes”, que á súa vez levaría a reconsiderar o auto de marras. Ceteris paribus. Ou sexa, todo queda en mans do Goberno, que é quen establece o marco dispositivo nese terreo. Con iso o candidato Illa, xuíz e parte, será quen en última instancia decida como queda finalmente o calendario oficial. Ele vai dicer a primeira e a última palabra. Prebendas do “Ministerio do Tempo”. Quizá por iso, na última reunión do Comité Interrexional para o seguimento da crise sanitaria, vetou a petición de nove comunidades para impor un confinamento domiciliar. O problema é que o Executivo non pode repetir a cacicada da primeira vaga, cando utilizou a declaración de alarma para decretar o que na práctica supuña un arresto domiciliario. A lei vixente só permite “limitar” a mobilidade, non “prohibila”. A restrición dese dereito fundamental (art. 19 CE) esixe contabilizala dentro dun estado de excepción. A Lei Orgánica 4/1981, de 1 de xuño, reguladora dos estados de alarma, excepción e sitio, no seu artigo once, habilita exclusivamente para “limitar a circulación ou permanencia de persoas ou vehículos en horas e lugares determinados ou condicionalas ao cumprimento de certos requisitos”.
Esa é a axenda oculta após o “non é non” do candidato-ministro ao que a maioría da cogobernanza reclamáballe. Iso e que o Real Decreto Lei sobre o estado de alarma, desde a súa primeira versión do 14 de marzo de 2020, no seu apartado 7, 1 bis, deixaba claro que a súa vixencia “non representará nengún obstáculo ao desenvolvemiento e realización das actuacións eleitorais precisas para as eleicións convocadas a Parlamentos de comunidades autónomas”. Sen que se incluíse ningunha excepción á regra, e en consonancia coa normativa arriba citada: “A declaración de estado de alarma, excepción e sitio non interrompe o normal funcionamento dos poderes constitucionais do Estado” (O 4/1981, art.4). Teñen razón, pois, o PSC e o TSJC para oporse ao adiamento, só que iso non impide o uso arbritario e oportunista da legalidade democrática. Debe lembarse que no ano pasado o Goberno permitiu o apagamento do Congreso dos Deputados e dos Tribunais de Xustiza, impedindo o cabal dereito á participación política dos cidadáns a través dos seus representantes e a tutela xudicial efectiva. Iso ocorrido na primeira fase do estado de alarma, para acto seguido aceptar o adiamento das eleiións en Galiza e Euskadi pola preocupante progresión de número de infectados por coronavirus (https://www.lavanguardia.com/local/paisvasco/20200316/474202841365/euskadi-galicia-aplazan-elecciones-coronavirus-contagios-abstencion.html). Outra vez o Ministerio do Tempo.
Quo vadis? O PSC non está só na súa inflexible aposta polo 14-F como data dos comicios en Catalunya. O ultradereitista VOX tamén o apoia. Aínda máis, o seu secretario xeral, Javier Ortega Smith, manifestou que pensa facilitar a investidura de Salvador Illa “para que non gobernen os golpistas”. Loxicamente sería un desvarío falarmos aquí de parceiro de viaxe. Pedro Sánchez e Pablo Iglesias teñen outras cartas marcadas. Unha vez que se tornen efectivos os indultos aos presos políticos-políticos presos encanto ir en frente a derrogación do delito de sedición, o Goberno de coalición estará en condicións de afirmar estratexias con algúns dos grupos nacionalistas da moción de censura. Aspira a crebar a deteriorada fronte independentista para construír un catalanismo de esquerdas, a condición de que “o efecto Illa” e o seu Ministerio do Tempo tórnese realidade nas urnas.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off