Nos xulgados do social o uso da nosa lingua é inferior ao 1% e a aplicación Minerva, que sirve para tramitar expedientes- non está dispoñíbel en galego, o que na práctica fai imposíbel o uso do galego por parte dos e das profesionais da administración pública de xustiza. Por exemplo, o sindicato CIG presenta o 20% das demandas do Social en Galiza e solicita sempre o uso do galego, mas só teñen resposta positiva con respecto ao uso da nosa lingua en menos do 1% dos casos.
A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia a vulneración dos dereitos lingüísticos da cidadanía galega ao non poder empregar a súa lingua na súa relación coa administración da xustiza. O presidente da Mesa, Marcos Maceira, denuncia que a aplicación coa que se tramitan os expedientes non está dispoñíbel na nosa lingua, o que na práctica fai imposíbel o uso do galego por parte dos e das profesionais da administración pública de xustiza. Ademais, incúmprese sistematicamente o contemplado no artigo 9 da Carta europea das linguas minorizas, que sinala que a petición dunha das partes os proceso xudiciais realizaranse na lingua minorizada. Así o puxo en envidencia a denuncia feita esta semana polo sindicato CIG, sinalando que aínda que presenta o 20% das demandas do Social en Galiza e solicitan sempre o uso do galego nestes procedementos só teñen resposta positiva con respecto ao uso da nosa lingua en menos do 1% dos casos.
Incúmprese sistematicamente o contemplado no artigo 9 da Carta europea das linguas minorizas, que sinala que a petición dunha das partes os proceso xudiciais realizaranse na lingua minorizada
Perante isto, a entidade de defensa da lingua solicitou unha xuntanza co director xeral de xustiza da Xunta de Galiza para o instar a que inicie canto antes a tradución da aplicación Minerva e dos seus modelos. Maceira recórdalle ao director xeral que a Carta europea as linguas minoritarias ou rexionais, o Estatuto de Autonomía e a propia normativa en normalización lingüística protexen os dereitos lingüísticos da cidadanía galega. “A pesar da normativa que defende o seu uso, o galego está presente en menos do 5% da documentación xerada pola xustiza no noso país, sen que a Xunta poña interese en solucionalo”, lamenta Maceira.
