off
Europa, Galiza, Saúde, Traballo — 3 Decembro, 2020 at 9:04 p.m.

Bruxelas pescuda a precariedade laboral no SERGAS en resposta á denuncia presentada polo BNG e as enfermeiras eventuais

by

“A Comisión de Emprego constata que o modelo de xestión de Feijóo incumpre a normativa comunitaria.Que a Comisión constate a existencia de abuso é un tirón de orellas a Feijoo por incumprimento da normativa comunitaria” salienta Ana Miranda(BNG).

A Comisión Europea, en resposta á Comisión de Peticións da Eurocámara, vén de anunciar que está investigando se existe unha violación da normativa comunitaria pola utilización de sucesivos contratos temporais no sector sanitario. “Que a Comisión de Peticións recoñeza a existencia de abusos na contratación pública que realiza o SERGAS, tal e como denunciaron en Bruxelas as representantes das Enfermeiras Eventuais en Loita hai xusto un ano, supón un tirón de orellas ao modelo de xestión de Feijóo, ao incumprir a normativa comunitaria”, destaca Ana Miranda.

Na xornada de traballo que tivo lugar en Bruxelas en decembro de 2019, organizada pola portavoz do BNG en Europa, as Enfermeiras Eventuais en Loita entregaron a vicepresidenta da Comisión de Peticións, a eurodeputada letoa Tatjana Zdanoka, abundante documentación sobre a precariedade laboral existente na profesión de enfermería, consecuencia das prácticas abusivas e a contratación en fraude de lei que leva realizando o Goberno galego durante anos, con casos escandalosos de sucesivos contratos de duración determinada para cubrir servizos permanentes.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off