Segundo informou Galicia confidencial a cribaxe masiva dálle a razón aos universitari@, que denuncian “o linchamento mediático e institucional dos estudantes instrumentalizados como “cabeza de turco”.
Após coñecer gran parte dos resultados do cribado masivo realizado ao alumnado da USC e de ser publicado por Europa Press que a incidencia era todo o máis do 1’2 %.
Erguer denuncia que en vez de facer unha analise crítica da realidade o que se pretende é afastar o foco da noticia da ineficiencia das medidas e xestión da crise, tanto da Xunta como do estado… neste caso culpabilizando aos estudantes.
O tratamento da noticia por parte da Xunta visa agochar as deficiencias da propia xestión neste caso procurando utilizar ao estudantado galego como cabeza de turco, criminalizando ao colectivo con “acusacións mesmo delirantes”.








