off
Cedeira, Cultura, Fotografía — 25 Outubro, 2020 at 11:35 a.m.

Exposición: “Nós tamén fomos emigrantes” en Cedeira

by

Cedeira acolle esta mostra fotográfica da Afundación no marco do seu programa “Corrente Cultural”

A axencia EFE conta cun nutrido arquivo de fotografías que documentan este fenómeno durante os anos 50 e 60 no estado español, e dentro dela con moito protagonismo en Galicia. A exposición “Nós tamén fomos emigrantes”, que ofrece unha escolma daquelas instantáneas, chega ao Palacete Municipal de Cedeira, onde poderá ser visitada desde hoxe, xoves 22 de outubro, ata o 21 de novembro.   40 fotografías en branco e  preto, seleccionadas entre os milleiros que documentan o fenómeno da emigración no arquivo de EFE, que dan pé a reflexionar sobre as moitas facianas deste fenómeno global.

O horario de apertura da exposición, durante o que resta do mes de outubro será de 09.00 a 14.00 horas, de luns a venres; as tardes de martes a venres de 17.00 a 19.00 horas, e os sábados de 11.00 a 14.00 horas. No mes de novembro manterase unicamente o horario de mañá.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off