off
Cedeira, Meio ambiente — 12 Outubro, 2020 at 10:23 a.m.

Condomiñas: Cedeira inicia un estudo ambiental dun treito de 5 Km do rio

by

[Pingota Comunicación] O informe servirá para realizar posteriormente un proxecto de acondicionamento do cauce fluvial desde a Ponte da Acea ata pasado o muíño de Chimparra Cedeira.- 3 de outubro de 2020. O Concello de Cedeira vai levar adiante un estudo da situación do leito fluvial do Río Condomiñas nun treito de aproximadamente cinco quilómetros, curso arriba desde a Ponte da
Acea ata pasado o muíño de Chimparra. Segundo explicou o alcalde, Pablo Diego Moreda Gil, o traballo porase en marcha nos vindeiros días e servirá para a posterior redacción dun proxecto técnico de acondicionamento ambiental deste tramo do río. “A idea é contar cun documento técnico que proporcione o coñecemento real e sobre o terreo da situación de partida, para definir as actuacións a realizar”.
Segundo fontes do concello, o informe vai aportar unha visión integradora do río. Así, abordará o estudio hidráulico, hidrolóxico, xeolóxico e ambiental do Condomiñas, cun levantamento topográfico de detalle do  cauce e as súas marxes. Estes aspectos serán completados tamén cunha investigación dos elementos do patrimonio histórico, cultural ou etnográfico que existen ao longo do treito a analizar. Unha vez redactado o informe, dividirase a zona de actuación en tres treitos  de similar lonxitude e complexidade, coa finalidade de facilitar ao Concello a posta en marcha de sucesivas fases, en función das posibilidades orzamentarias, coas que ir avanzando no acondicionamento ambiental do río.

Agradementos
Moreda Gil agradeceu en nome do Concello a colaboración que prestan nesta e outras actuacións no eido do medio ambiente a Asociación de Amigos dos Ríos de Cedeira (ARCE) e o Club Candieira, e fixo mención especial da axuda que prestou o biólogo cedeirés Antón Pérez Cribeiro na definición deste proxecto, como gran coñecedor que é da zona. O alcalde fixo extensivo o agradecemento ao Concello da Coruña, onde traballa como técnico Pérez Cribeiro, por permitir e facilitar o seu apoio.
O Concello quer poñer ao pé de varios sumidoiros das zonas peonís da vila a mensaxe “A ría comeza aquí. Axuda a mantela limpa”, coa que se quere sensibilizar á cidadanía sobre a importancia que teñen as súas accións para o coidado de medio ambiente.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off