off
Galiza, Teatro — 18 Agosto, 2020 at 9:52 a.m.

Teatro do Noroeste presenta “As Virxes Salvaxes” na XLII Mostra de Teatro Galego de Cariño

by

“As virxes salvaxes” é unha comedia da autoria e direción deEduardo Alonso sobre a absurda mas necesaria situación de recluír aos nosos maiores en institucións que os atendan e coiden.Non sempre foi así. Nas culturas rurais, os maiores tiveron sempre unha función, unha ocupación que daba sentido as súas vidas até o final. Máis chegaron as présas e os apuros da cultura urbana e nela, os maiores non teñen cabida, son un estorbo, é preciso desfacerse deles amoreándoos en institucións concibidas para iso. Nunha destas institucións, varias internas realizan, mesmo sen sabelo nin pretendelo, a súa propia revolución. Aproveitando a entrada dunha nova interna que é levada alí pola súa filla que non pode atendela, varias internas comezan a cuestionar a institución non deixando nada en pe. A modo de metáfora da propia sociedade, as xentes de ben revélanse contra as imposicións absurdas e desmedidas. O caos que xeran pon a realidade contra as súas propias contradicións, creando situacións tremendamente divertidas. A comedia como factor de crítica ante unha realidade que cada vez se amosa máis pechada en si mesma. De algún xeito, este espectáculo é unha homenaxe, se cadra un algo irreverente, aos nosos maiores máis revoltosos.

Elenco:Ana Santos, Elina Luaces, Luma Gómez, Manuela Varela, Rosa Álvarez, Fernando González, Miguel Pernas e Imma António.

Martes 18 de agosto. 22.15 Horas. Auditorio municipal de Cariño

Programa XLII Mostra de Teatro Galego de Cariño

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off