off
Educação, Galiza — 16 Xullo, 2020 at 12:04 p.m.

Os sindicatos rexeitan o plan da Xunta para a volta ás aulas coa COVID19

by

Alegan que non hai novos contratos nen orzamento nen redución de ratios. CIG-Ensino e o resto de sindicatos retíranse da Mesa Sectorial en rexeitamento ao Protocolo da COVID para o curso 2020/21. Abandonaran a Mesa Sectorial de Educación  nada máis comezar, a reunión para debater o Protocolo elaborado pola Consellaría para o vindeiro curso escolar por “levar á incerteza e ao desamparo ao persoal dos centros educativos e ao alumnado”

Segundo a CIG Ensino, a Xunta presentou un documento alleo á realidade das aulas e que descarga toda a responsabilidade preventiva nos equipos directivos e no profesorado que obriga ás organizacións a chamar á mobilización social. Denuncian tanto as formas da Consellaría, que agardou a que pasaran as eleccións para facelo público e deu só 48 horas para presentar achegas, como o fondo do contido do documento, ao pretender afrontar a pandemia sanitaria nas aulas sen incremento orzamentario, sen contratación de persoal de reforzo e sen redución de ratios, medidas necesarias para garantir a distancia de seguridade nos centros. A decisión é consecuencia da negativa da Consellaría a retirar o documento e a abrir unha negociación que dea resposta ás demandas de presencialidade con seguridade que demanda o profesorado. Critican que a administración tivera oculto nun caixón un documento, alleo á realidade das aulas e con contradicións ao respecto das recomendacións das autoridades sanitarias, para non alarmar á comunidade educativa antes da cita electoral do pasado domingo.

 

Rexeitan a perspectiva economicista e ultraliberal do goberno do PP de que a educación é un gasto, nunca un investimento,e que descarta destinar os fondos que o Ministerio vai repartir entre as CCAA para sufragar os gastos para facer fronte á pandemia ao ámbito educativo.

Alén da desprotección e da posta en risco da seguridade e da saúde de alumnado e profesorado, o secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, rexeita as intencións da Consellaría de descargar toda a responsabilidade de elaboración de plans de adaptación por centros, compra e xestión do material de prevención, organización da vixilancia do cumprimento das medidas tanto na actividade lectiva como nas actividades complementarias ou desinfección do material empregado, entre outras tarefas, maiormente nos equipos directivos e no persoal docente e non docente sen incrementar o número de efectivos nin reducir as ratios de alumnado por aula. 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off