off
Eleccions 12Xullo, Galiza, Movementos sociais, Opinião, Política — 13 Xullo, 2020 at 7:30 a.m.

O BNG voltou

by
Mulleres do BNG. Foto. Ana Miranda

O grande vencedor nas urnas galegas do 12-X foi sen dúvida o BNG. Núñez Feijóo, pola súa banda, coroouse nos anais de Manuel Fraga, o homo sapiens de Vilalba. Conseguir a cuarta maioría absoluta ensarillada, como logrou o presidente da Xunta, non é carimbado de excelencia nunha sociedade onde o clientelismo político e o neocaciquismo condicionan mentes e facendas. Mas tampouco é para o menosprezar de ánimo leve. Porque en boa medida tráta-se dun éxito persoal do candidato. Feijóo publicitou toda a súa campaña ocultando a súa denominación de orixe  pepeira, esa é a súa virtude e tamén a súa fraqueza. Acabouse o devandito <<en Galiza vótase ao PP>>. Na Andalucía socialista, de parecidas constantes vitais, o rodete ideolóxico perpetrouse sempre foi a maior gloria do partido con todas siglas, sen rutilanes funalismos.
A reválida de Feijoo pouco ten a ver cun presunto perfil carismático, graza da que carece. É cousa do modelo marianista adoptado, de político moderado nas formas, pouco dotado para o estrondo mitineiro e a confrontación, estilo que Rajoy elevou case á categoría de arte. A face B de Fraga, pai putativo do tándem, capaz ao mesmo tempo de encabezar unha carta pública solicitando a liberdade do xerarca nazi Rudolf Hess (xunto a  falsarios liberais como Joaquín Garrigues, Manuel Jiménez de Parga ou José María Pi y Suñer),e apadriñar a visita a Galiza de Fidel Castro. Xesto que debeu conmover tanto ao dirixente cubano que á morte de Franco a súa Cuba revolucionaria foi o único país do mundo <comunista>> que decretou tres días de loito oficial por ele.

A boa marca de Feijóo ten tamén leitura en chave estatal. Aínda que adoita argumentarse que o que se vota a nivel autonómico non retrata a opción elixida no ámbito xeral, nesta ocasión habela haina. Pandemia por medio, moitos electores parecen ponderar ben a xestión feita desde o pazo de Raxoi (non importa onde enxergar, aparece o heteronómico). Sobre todo na comparativa co acontecido noutras comunidades e no total de España. Os cortes en sanidade, que tanto abundaron en Galiza nas últimas lexislaturas, non foron determinantes para o naufraxio da súa rede hospitalaria e residencial nos momentos máis críticos. A pesar de que a lei 15/ 97 que abriu a porta á privatización da sanidade pública en España, segundo o esquema do <<Informe Abril>> encargado por Felipe González, nacese grazas aos votos de PP, PSOE, e a afouta oposición do BNG (postura recompensada).

Ambos os dous, PP e BNG, distintos e distantes, son os verdadeiros herdeiros destes comicios. O primeiro cos recursos que brinda o mando único do poder para surfear sobre a súa responsabilidade no desmantelamento da sanidade autonómica. O segundo, no extremo oposto, ao superar a travesía do deserto a que se viu obrigado tras a irrupción dunhas mareas que planificaban a súa estratexia por encima das súas capacidades. E os claros perdedores son o PSdeG do outro Caballero, arrebañando un dos seus peores resultados a pesar de estar á fronte do goberno da Galiza en dúas lexislaturas, e a disparatada tropa de Galicia en Común / Podemos, nocauteado da noite para a mañá á condición de forza extraparlamentar.

Posibelmente porque en ambos os casos prevaleceu a fachenda dun relato que nada casaba co que se vía nas cidades e concellos. A arrogancia do PSdeG, paseando nos seus mitins ao ministro ao tempo que os surtos rendían por todas as partes, e a paifoca cegueira de Pablo Iglesias, convertendo os seus en actos de autobombo e vitimismo (os <<canóns mediáticos>>). E entre un e outro, a infantil ocorrencia da dirección progresista (Soledad Gallego-Joaquín Estefanía) de El País de adicar a capa do seu dominical a un Fernando Simón ao James Dean. Saímos máis fortes O bochorno foi tal, que unha semana despois que sete días despois o xornal entoou cunha entrevista ao ex ministro de Zapatero rotundamente negacionista (Fernando Sebastián: <<Simón debería pedir perdón>>).
De outra forma, mal grolo para o histórico Xosé Manuel Beiras, promotor desa intifada denominada na distancia dos anos Galicia en Común, un intento de asaltar os ceos rompendo as costuras da socioloxía profunda do país e da súa veciñanza. Como Marx adverte: “A tradición das xeracións mortas oprime o cérebro dos vivos como un pesadelo”. A cita do sabio tamén podería servir para explicar o fracaso sen paliativos de Vox e Ciudadanos.

Tags

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off