off
COVID-19, Eleccions 12Xullo, Galiza, Saúde — 5 Xullo, 2020 at 6:36 p.m.

O BNG solicita a suspensión das eleccións na Mariña

by

E alega a grave falta de planificación, protocolos e prevención por parte da Xunta,asin como a falta de transparencia coa que a Xunta e Feijóo están a actuar neste tema. En comunicado,o BNG esixe claridade nos datos e na explicación da situación sociosanitaria.

A necesidade de que Feijóo poña fin ao electoralismo e estea á altura da situación.Alen diso, o BNG explica que Feijóo compareceu máis de 40 veces cando as competencias eran do Goberno central e escóndese agora que son súa, mostrando incapacidade para garantir o dereito de voto e das condicións para exercelo sen que iso sexa un risco no plano sociosanitario.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off