off
COVID-19, Galiza, Saúde — 2 Xullo, 2020 at 12:33 p.m.

Novo aumento na Galiza de casos activos de coronavirus

by

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, esta quinta feira, o número de casos activos de coronavirus en Galiza é de 317, catro máis que na xornada anterior.

Deles 73 son da área da Coruña, 64 da de Lugo (12 máis), 18 da de Ourense, 6 da de Pontevedra, 122 da área de Vigo, 24 da de Santiago, e 10 da de Ferrol. Na Galiza hai un total de 10.649 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. Nas residencias faleceron 274 persoas durante o andazo por Covid-19.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off