off

A  CIG-Ensino pídelle explicacións á Secretaría Xeral de Política Lingüística pola anulación da convocatoria de axudas para proxectos de fomento do uso do galego

by

A CIG- Ensino pide explicacións polo anuncio da anulación da convocatoria de axudas para proxectos de fomento do uso do galego e urxe a unha mudanza  nas políticas de abandono e,desprezo pola nosa lingua e a máis financiamento dos programas de fomento

 

O DOG do xoves 11, que a medida que se adopte sexa a menos lesiva para os centros educativos, tanto economicamente como na carga burocrática. Ao tempo, solicitamos unha maior aclaración da SXPL aos centros sobre como actuar no caso de facturas xa emitidas ou que é o que se quere indicar exactamente coa presentación “como addenda” para o curso seguinte de proxectos actuais (con convocatoria que nestes últimos anos se publica en xaneiro).

Nun correo-e remitido aos centros desde os gabinetes provinciais de normalización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística dise que a convocatoria deixarase sen efecto no DOG do día 11 de xuño alegando que a pandemia ocasionada pola COVID-19 tería impedido que eses proxectos se levasen adiante.

As axudas anuais destas convocatorias están vinculadas a pagos efectuados entre xaneiro e xuño. É probábel que unha parte dos gastos previstos non se teñan realizado mais seguramente outros moitos xa estarán executados e pagados. Tal é así que no propio email dise que, de existir custos realizados entre xaneiro e o 13 de marzo por un lado ou outros vinculados a proxectos na etapa do ensino a distancia, terían que achegarse as facturas á SXPL.

Tamén se indica que os proxectos deste curso poden presentarse na convocatoria do curso 2020/21 como addenda e coas modificacións que se precisen.

Tendo en conta o anterior, a CIG-Ensino considera que o que por un lado ben puidera entenderse como unha menor carga burocrática (as persoas responsábeis non terían que presentar unha memoria xustificativa ao ser anulada a convocatoria) pode, non obstante, implicar outro problema de xestión para os centros, xa que se indica expresamente que as facturas deben ir co NIF e a nome da SXPL, cando os pagos que estean xa realizados e contra factura o estarán a nome do centro educativo. No suposto de facturas do primeiro trimestre do ano o problema sería aínda máis complexo.

Na convocatoria do ano pasado (cos datos publicados hai agora un ano) só se atenderon o 19,8% das contías solicitadas polos colexios e institutos públicos do país. Houbo 295 centros que recibiron menos de 1€ por cada alumno ou alumna do plan solicitado, sendo a contía mínima 0.07€/alumno cunha axuda media de 2,29€ por alumna/o dos centros que percibiron as axudas. É obvio, afirman fontes consultadas, que con 2€ non se está a fomentar nada e que 7 céntimos é un insulto, non só pola irrelevancia do que a propia axuda implica senón porque retrata sen xénero de dúbida a que a outorga: un goberno de costas ao idioma que debería defender, imposibilitando que o alumnado poida rematar a súa escolarización obrigatoria con capacidade para se desenvolver con normalidade en galego.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off