off
Economía, Galiza, Traballo — 28 Maio, 2020 at 11:28 a.m.

O BNG propón a nacionalización de ALCOA para evitar a destrución de miles de empregos

by

Segundo vén de explicar  Ana Pontón: “Non é momento de estender o dedo para sinalar culpables senón de actuar de inmediato para darlle futuro a unha comarca e ao conxunto do País”.Alén diso, recupera a tarifa eléctrica galega para axeiar o custo da electricidade as necesidades industriais do país perante unha situación límíte que vai camiño da desfeita laboral. Situación  paradoxal a duma empresa eletrointensiva que alega  que a  eletricidade galega é moi cara ( máis cara que en Madrid)  mas o 30% de produción elétrica galega é excedentaria.

Nos últimos meses, a planta foi reducindo a súa capacidade de produción de aluminio ata o punto de que unha parte importante dos tanques da planta están paralisados. O presidente de Alcoa, Álvaro Dorado, reuniuse hoxe co consello de obras da compañía para falar do peche da planta de aluminio en San Cibrao, que podería afectar á metade dos postos de traballo que aínda mantén o grupo estadounidense en España.

Alcoa alega que a planta de aluminio leva rexistrando perdas de 50 millóns de euros durante varios anos debido á sobreproducción no mercado -principalmente China-, así como aos baixos prezos das materias primas e á falta dun prezo competitivo da enerxía, un extremo que empeorou nos últimos anos.

A portavoz nacional do BNG alega que o Estatuto, o marco constitucional e europeo permiten unha intervención pública que xa están facendo países como Italia ou Alemaña nacionalizando empresas.

A Alcoa, multinacional norte-americana de alumínio, conseguiu apoderar-se da empresa pública Inespal en 1998, impóndo-se a outros grupos interesados ​​através da análise do relatorio de vendas que o goberno espanhol propós, presidido por José María Aznar, para através da SEPI (Sociedad Española de Participaciones Industriales). A Alcoa asumiu a Inespal en condicións de avantaxe.Pagou 410 millóns de dólares por unha empresa que nos dous anos anteriores tivo grandes benefícios depois de ter pasado por un importante proceso de modernización de todas as suas fábricas, con nada menos que trece no total en todo o território espanhol. Pagou 410 millons de dólares, mas 200 foran descontados polo pagamento débedas anteriores – xeralmente xeradas polos procesos de investimento e modernización  – e outros 100 depois dunha série de reclamacións. No mesmo contrato, recebeu um prezo especial peoa eletricidade por quince anos. Un prezo acordado por megavatios, e se despois o custo da enerxía subiu  foi a mesma SEPI quen asumía. Non hai datos oficiais, ou polo menos nunca se deron a coñecer, mas afirmouse que no informe do Tribunal de Contas, do 13-2-2006, sobre a privatización de empresas públicas, notouse que o resultado contabel a partir da venda de Inespal produciu perdas para o Estado de 456 millóns de euros. Como resultado dese contrato de compra, Alcoa prometeu investir 390 millóns de euros nos dez primeiros anos, aumentar a súa actividade, desenvolver novos produtos e manter o emprego.

Martín Cúneo en El Salto preguntábase en xaneiro de  2019 para que serve un Ministério da Indústria? O Estado español só resgata empresas cando Florentino Pérez está envolvido? Hai algúns exemplos na contorna en estados da contorna non precisamente gobernados pola esquerda: na Italia o estado interveio na fábrica da Sardenha em Portovesme, que a Alcoa abandonou em 2012 por motivos bem motivados e economizou 500 empregos. Na Franza, o estado interveio nunha fábrica da Arcelor-Mittal para garantir a continuidade de atividades e empregos. Lufthansa chegou a acordo co goberno alemán sobre un plano de resgate avaliado en nove mil millóns de euros.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off