Maior incremento nas últimas 24 horas rexístrase na Coruña a que ten máis positivos activos en termos absolutos, acadando 1.485 despois de sumar 68 novos casos. A de maior incidencia por cada 100.000 habitantes é Ourense
Encadearon catro días á alza, de 71 novos detectados o pasado sábado a 169 novos o martes, e este mércores seguen por riba dos 160 novos en vinte e catro horas. Son 166 máis, cifra que así e todo non dispara o total de positivos activos, que segue medrando por baixo do 2%, por volta do 1,84% máis ,e quedan en 6.534, 118 máis que onte.Sanidade indicou na terza-feira que acrescentara 6.780 novas probas PCR cando en realidade eran 1.425 máis.
Os incremento de positivos activos segue a ser menor que o aumento das altas hospitalarias de persoas afectadas polo andazo. Acandan hoxe 1.625, un avanzo do 2,33% encanto os falecementos chegan a 475, un 2,37% máis. As persoas falecidas son 9 máis ca onte e das que 6 moraran en residencias de persoas maiores ou dependentes. Tres morreron nas propias residencias, segundo Sanidade; concretamente, dúas na residencia Santa Teresa Jornet e unha, en DomusVi Matogrande, as dúas na Coruña.








