Máis da metade de persoas mortas en Galiza polo coronavirius vivían en residencias.Despois de mudar o venres o tipo de datos que lle pide ás comunidades autónomas, o Ministerio de Sanidad informa de que Galiza “notificou altas hospitalarias, mas non altas epidemiolóxicas polo que non se puido calcular o número de curados novos para esta comunidade” nos datos que se facilitan desde o Goberno central.
A pandemia de coronavírus de 2019 já infectou mais de 2.300.000 pessoas e matou mais de 164.000 em todo o mundo, enquanto mais de 615.000 foram curadas, de acordo com o Worldometer.
Na Galiza, segundo a información diaria que do Sergas sobre os casos de coronavirus, o número total de casos activos, que este sábado aumentara en apenas 5 persoas, volve aumentar noutras 58, até 6.205 casos activos, un incremento en todo caso inferior ao 1%. Tamén se ralentizan algo as altas, con só 29 novas, un aumento dun 1,92%, o máis baixo desde o comezo da vaga. A Xunta afirma ter realizado un total acumulado de 63.715 probas PCR, unhas 3.500 máis que na xornada anterior.
Este domingo certifica descenso do número de persoas que requiren de atención en unidades de coidados intensivos (UCI) suma xa quince días consecutivos, até as 112 agora ingresadas, cifra que se superara o 29 de marzo até acadar o 4 de abril o seu pico con 177 persoas que precisaran atención intensiva. Desde aquela, o descenso é constante.
Porén,segue habendo 117 casos activos entre usuarios de residencias de dependencia e 78 entre o persoal deses centros.
Porr áreas sanitarias, após o leve descenso do sábado en Ourense, a área onde o impacto do coronavirus está a ser maior en relación co total da poboación, este domingo houbo dun novo aumento, pasando de 1.200 a 1.233 casos. Tamén houbo aumentos significativos na Coruña, que segue á cabeza e suma máis 10, e Vigo, con máis 15 quince. Pola contra Santiago e Lugo apenas medran, Pontevedra mantense igual e Ferrol reduce en 5 o número de casos activos.








