off
Cedeira, COVID-19, Cultura, Editorial, Galiza, Traballo, Xente — 15 Abril, 2020 at 5:28 p.m.

Louvor das tascas e tabernas de Cedeira

by

As baiucas, bares, tascas, tabernas, restaurantes e terrazos son do mellor de noso. Co paso do tempo moitas e auténticas foran que se perderan, quer por xubilación, quer por cambios nos hábitos de vida, quer enfin por transferencia xeracional. Mas sempre foron patamar de convivio, cultura e fartura -que todo vai de brazo dado.

Cando todo isto remate a xeito (porque ainda han vir dias difíceis) teremos que atoparnos e reunirnos para celebrarmos a vida e os bares e restaurantes serán acubillos esenciais para o desconfinamento, a familiaridade e a disputa entre amantes. Para despresurizarmos discalzos, a punta-pé  ou a pé de amigo…. Para conmemorar as palabras que se cantan porque antes foran apalpadas, recoñecidas e abrazadas como quen bota a rapeta. E o futbol, e o domino e a baralla; e os enredos e conversas e as palabras de amor e as de maldizer. Para os que aínda moran en Cedeira e para os que chegaren, mas  queremos que todos elas continuen onde  estaban.

Do mesmo xeito que outros colectivos, camareiras, cociñeiras e fornecedores de mar e terra, terán grandes perdas porque levan moitos días pechadas,  xusto despois do inverno. Polos postos de traballo e o fólego de vida nas rúas. Polos pequenos e os grandes  momentos vividos no seu colo e polos que han de vir. Porque sen as tascas e tabernas Cedeira perde e Galiza perde.

Afouteza e moitos azos !

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off