O PP propón en Madrid unha gratificación económica para o persoal sanitario,cando na Galiza o goberno do PP de Feixoo está a despedir non renovando o persoal sanitario temporal que fica doente por coronavirus.
Asi foi denunciado polo deputado Nestor Rego(BNG), esta cuarta feira no Congreso, apañando as críticas de profesionais, denunciou o caso en Madrid criticando a Xunta por “desetenderse” deles ao caer enfermos.Segundo informa xornal dixital Praza.gal, Sanidade emitiu unha instrución na que advirte da prórroga das contratacións, “como mínimo”, até que se recuperen. A Xunta recua asin nas suas pretensións e prorroga os contratos temporais do persoal con coronavirus ata que reciba a alta.
De manterse, estes profesionais sanitarios deixaban de computar este período de incapacidade temporal como servizos prestados a efectos de baremación para as oposicións,perdendo o 25% do seu salario, ao percibir pola Seguridade Social o 75% da base de cotización e non ser compensado polo Sergas o resto do soldo, ata o 100%, como teria Pp acontecido de manterse o vincallo.








