off

O pescozo da garrafa

by

Tan rapidamente esquecemos que o capitalismo é un sistema no cal unha clase dominante apropria-se do excedente do produto social non mais pola violencia explícita (mas ás veces tamén), mas polo mercado? No entanto, o esquecimento alcanzou tamén a interpretación mais recente da noción de democracia usada até o início do século XX nunha acepción pexorativa ou como sinónimo dun sistema caótico no que as clases desposuídas acabarian expropriando os proprietários do capital. Xa ben no século XXI, apesar de todo, o capitalismo e a democracia foran ainda interpretados como procesos antagónicos. Após a Primeira Guerra Mundial, a reconstrución das economias capitalistas na Europa non permitiu o afortalamento dunha orden social axeitada para o capitalismo e, en vários países, o fascismo abrollou facendo vieiro. A Grande Depresión enfraqueceu o capital e xerou un sistema regulatório no que unha distribuición adecuada do produto se tornou unha prioridade do Estado. Ese sistema permitiu un crescimento rixo e a partilla de benefícios en todo o estado de ben-estar durante as tres décadas do pós-guerra. A clase capitalista aceitou con relutáncia a regulamentación estatal do proceso económico.Poderíamos afirmar que esa lexitimidade do capitalismo foi afortalada por menos desigualdade e un mellor padrón de vida para a maioria da poboación, mas en poucas zonas do planeta. Nese período, democracia e capitalismo parecian andar de maos dadas. Porén, século XX é o total triunfo do neoliberalismo sobre o capitalismo que supón a latente extirpación política da democracia de masas.

Foto de Amanda Peribelli, da Axencia Reuters, gañou destaque na imprensa mundial. Trata-se do rexistro dunha operacion no Cemitério Vila Formosa, en São Paulo, onde decenas de covas están sendo abertas para receber mortos polo coronavírus

A obsesión circulatoria do capital tende a comprimir progresivamente o espazo e o tempo dí David Harvey, de xeito que a riqueza pode pasar ao momento  dun hemisferio a outro, mesmo ignorando os límites do día e da noite. Aquí ponse de relevo a imaxe do bloqueo de coronavirus. Os esforzos para conter o virus actúan exactamente contra esta abafante integración xerada pola circulación global do capital e afectan as grandes infraestrucuras de comunicación e comercio.. As repercusións son detectadas por todas partes, non porque o local estea ligado ao global, mas porque co capitalismo as condicións de produción teñen a súa orixe no mercado mundial (Marx), que é o alfa e ómega  garante de todo  o proceso de circulación. Non poderia ser que se a crise é unha “interrupción da circulación” (Marx), non é en si mesmo o fenómeno inmediato o que bloqueou os fluxos causantes da crise, mas as contradicións acumuladas internamente que saltan coas barreiras levantadas á circulación?

Din que é un vírus que non respeita fronteiras, que non  se preocupa coa ideoloxia ou a nacionalidade de suas vítimas. No entanto, como todos os vírus e a maioria das doenzas que afectan a humanidade, o coronavírus asaña contra persoas humildes, contra os mais indefesos, contra os pobres. As doenzas e a suas curas son procesos sociais. Non é por acaso que o ensimesmado Occidente non fale dos efeitos da pandemia, mais unha vez, na África ou na América do Sul. O coronavirus só trouxe á tona os problemas estruturais da produción capitalista avanzada. .

Non é por acaso que antes da Covid-19, a desaceleración de China fose a xustificación prevista para a nova xeira de crise. O atraso do goberno chinés en recoñecer a existencia dunha nova epidemia foi exactamente por medo ao rendemento económico. O país foi a pior até que reaccionaran, non sen tempo , con medidas drásticas de contención que poucos paises seguiran.  Porén, alomenos por dous anos, os conflitos comerciais entre Estados Unidos e a China provocaron axitación periódica nos mercados debido ás tensións crecentes, e moitos analistas responsabilizaran ao “nacionalismo económico” de Trump da posibilidade dun novo colapso.

O coronavirus non é a única causa da epidemia económica que se está a desenvolver, mas apenas o desencadeante dunha crise que leva anos sachando na economía mundial.

Cando as tecnoloxías xeran máis aforro de man de obra que os mercados son capaces de crear na súa expansión, o corazón da economía capitalista, a produción de valor, comeza a cambalear. Desde entón, utilizáronse varios mecanismos para compensar os gaños cada vez máis en devalo da produción capitalista, principalmente mediante a troca de beneficios da produción por ingresos derivados do mercado financeiro. A expansión da “macroestrutura financeira” foi o resultado da crise estrutural, xa que só o interese xerado pola fantasía da riqueza podería manter o capital global nun fluxo circulatorio.O aumento da débeda estatal, a burbulla nos mercados inmobiliarios, a burbulla nos mercados bolsistas, a emisión desenfreada de moeda polos bancos centrais e o endebedamento dos consumidores son algúns dos dispositivos empregados nas últimas décadas para manter a aparencia da vitalidade da economía, é dicir, manter o capital circulando.Como se a crise de 2008 non existir,por toda parte xurden apelos para que a economia non sexa arruinada por unha pandemia pasaxeira.Que deixa mortos,moitos mortos.Mais una vez,emerxe o irracionalismo do modo de produción capitalista, que ameaza a integridade das persoas mais do que o propio andazo. O capital é o fin en si mesmo dun movimento de valorizacion sen limites, un fin en si mesmo ao que todo pode ser sacrificado.

Unha globalización sen perspectiva global produce menos democracia e máis capitalismo, esa relixión secularizada que Walter Benjamin xa descrebeu  en 1921

Unha crise estrutural do capitalismo orixinada desde os anos 70 transformou a lóxica contradición interna do capital, o seu fundamento na produción de riqueza abstracta a través do traballo e a súa inversa tendencia a expulsar o traballo dos procesos de produción, nun límite obxectivo para o seu desenvolvemento.  A falta de traballo sempre foi útil para lexitimar reformas radicais dos mercados de traballo e os cortes á proteción social en nome da “flexibilización” das institucións reguladoras de mercado: só cómpre repararmos no crescimento da desigualdade de ingresos nos paises de capitalismo democrático. Se o aumento da débeda pública fose debido ao aumento de poder da democracia representativa de masas, di Wolfgang Streeck (Comprando tiempo, Katz Editores) non habería xeito de explicar como é que fartura e oportunidades  foran redistribuidas abaixo-acima. Mesmo os ingresos devalaron polo vieiro da desigualdade, mesmo en paises dos chamados, por comparanza, más igualitarios (Suecia, Alemaña) e unha cada vez maior participación en tempo e adicación do núcleo familiar  ao mercado de traballado. Nomeadamente no EUA: máis tempo traballado, mais flexibilidade, menos ingresos e máis deterioramento das condicións de traballo.

Desde entón, empregáronse varios mecanismos para compensar os gaños cada vez máis devalantes da produción capitalista, principalmente mediante a troca de beneficios da produción por ingresos derivados do mercado financeiro. Desde a crise de 2008 activáronse todos estes mecanismos ao mesmo tempo, mas non se atopou solución duradoura. Mentres tanto, durante os doce anos de mitigación da crise, aconteceran outros eventos calamitosos no mercado mundial, como a crise da débeda soberana europea e o estourido da burbulla das commodities que bateu mais unha vez na periferia do capitalismo. Non houbo un ciclo de fartura, só a xestión desesperada dos procesos críticos.

A epidemia está a espallar. Agora comezamos a sentir máis profundamente os efectos de esgotamento dos anabolizantes financeiros.O factor decisivo aqui é o tempo xa que canto máis tempo leva combater a pandemia, mais longo é o proceso de paralización da valorización do capital na indústria produtora de mercadorias, maior a probabilidade dunha depresión duradoira, o que faria unha grande parte dos asalariados economicamente «prescindibles»” mergullándoos na miséria que ameazaria as súas condicións de vida e dignidade e mesmo a sua existencia.

 A crise sanitaria pola Covid-19 só pon en destaque a ditadura dunha economía capitalista de mercado imunizada contra toda punición, sanción ou correción.

Europa acadou en simples función retórica (cada quen pode intepretala como lle pete: viaxar sen pasaporte e sen troca de divisas) e a sua cidadanía, após anos de reeducación neoliberal, xa aprendeu a achar os bens comúns que o mercado deixa escorrer como xustos ou sen alternativa.Un sálvese quen puder ou de fasquía rapinante pobre en empatia  que se manifestou cando máscaras cirúrxicas destinadas a Itália “sumiran» repentinamente na Alemaña ou foran rapidamente confiscadas por Polonia e pola República Checa  ou retidas na Turquía as destinadas a España.

Porén, unha pregunta que ainda paira no ar é se ainda se poderá pensar no marco europeo cando mínimo, acerca de como debe ser unha democracia supranacional que permitan un goberno común sen adoptar o modelo de estado federal fracasado que supera o grao de solidariedade admisible por estados nación historicamente independentes. Unha idea chave sería a dun cerne europeo democrático que ten que representar a totalidade de cidadáns, quer dicer, na súa dupla cualidade de cidadán directamente participante da UE e como membro de unha das nacións europeas inseridas neste momento en estados-nacións resistentes a ceder soberanía abaixo-acima. A democratización non poder ser sinónimo de homoxeneización institucional, contrariamente ao neoliberalismo, debe inserir as diferencias nacionais, entre os estados e dentro deles, o alargamento de dereitos, entre deles, o de autordeterminación.

Contrariamente  á estructura de distribución de poder, o estado español axiu concentrando e escenificando o monopolio de poder. Está por ver se tamén acumularán toda a  responsabilidade. De momento a ministra Calviño espetou “non podemos facer que o Estado substitua a economia”, nun arrebato propio do catecismo neoliberal que teima en que os que teñen que adaptarse aos mercados son as persoas e non ao revés,  que nen en condicións extremas de desemprego masivo sexa quen de facerse responsabel. Mais un caso de institucións vencelladas á formación de vontade politica neutralizadas económicamente e sen outro alvo que institucionalizar a oligarquía e a expertocracia a nivel estatal e europeo. Como moito, as prerrogativas do Estado cinguidas ao alvo hayekiano de liberar os mercados sen corrección posibel . Hayek , o autor de Camiño de servidume, non dubidou en recomendar a abolición da democracia para resgatar o capitalismo. Servidume, mais virada, da democracia ao capitalismo.

Se o Estado democrático non serve para modificar ou mesmo reemprazar a xustiza de mercado, para que o queremos? Ben, usan a súa forza para aforrarlles aos mercados a participación no resgate, antes coa crise financeira de 2008, agora coa sanitária, que non é mais do que un derivado daquela. Axiña esqueceron que os cidadáns ficaran como responsábeis principais no pagamento das débedas que os seus gobernos contrairan no seu nome como axentes do pobo, ainda máis se os empréstimos foron utilizados ante todo para saldaren contas públicas cuxos déficits orixinaran na resistencia das clases rendistas e acaudaladas a cumpriren cos deberes fiscais.

Arestora a democracia está mais ameazada porque o roteiro eleitoral parece non permitir mudanzas nas decisións chave da vida económica.Os mitos sobre os equilíbrios macroeconómicos axudaran a impor políticas que  intensifican a desigualdade (desmantelamento de servizos públicos, privatización) en nome do crescimento e da eficiencia dos mercados. A austeridade fiscal e a chamada política monetária non convencional son os exemplos mais destacados que agora, a nova crise planetaria, desta vez por mor dunha doenza epidémica, serve para coloca-la en envidencia. Se somarmos a iso a incompetencia dos representantes públicos, sua adicación aos intereses corporativos e ao capitalismo financeiro, ben como a cuestión da corrupción, temos unha mistura que produce vertixe.

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off