” Está escrito, mas eu dígolle …”
Max Weber
“A industria farmacéutica raramente inviste en prevención” porque hai poucos beneficios para investir en prevención nas crises na saúde pública. Gostan deseñar de curas. Canto mais doentes estamos, mais eles gañan” afirma David Harvey. Mentres esperamos o consumo de novos envíos de medicamentos e vacinas segundo os parámetros do consumismo instantáneo (comeza a levar demasiado tempo e non hai Amazon Premium quen de fornece-los), que caeu con efectos económicos devastadores fóra de control, pode haber algún xeito de tratar os desexos humanos, todos elaborados nun mundo de marcada diversidade xeográfica, cultural, social e política, mas todo baixo o mantra dun consumo excesivo e un chamamento xeral a a felicidade ilimitada como fundamento de todo o sistema mas inoculando má consciencia e a ilusión de escolla. A sociedade contemporánea dá lugar a condicións máis favorables ao mal que no pasado? Nun momento no que un virus parece ter substituído os cartos na súa viaxe pola Terra, encanto consumimos lacer e o andazo vai acadando paises que non teñen ibuproceno, auga potábel, nen saucisse, quen se importa da nosa angustia de rabaño?
Combinamos a tensión psicolóxica da inacción e a dificultade de vivir en ignorancia. Sabemos pouco de epidemioloxía, mas sabemos algo: que a Organización Mundial da Saúde ten sido debilitada financeiramente para depender do financiamento privado (80%), a persistencia do principio de soberanía estatal militarizada nos asuntos mundiais e que a elección de abandonar as probas e o cribado sistemático do contaxio, que tivo suceso en Corea ou Taiwán, foi un gran erro que contribuíu a espallar o virus a todos os demais países.
Como aceitar que o pathos estatal desconsiderou as previsións mais dramáticas que xa eran ben coñecidas na contención chinesa e naqueles outros paises que como a Corea optaran por facer exames de rotina, isolamento dos portadores de vírus e distanciamento social? Por que Europa prestou pouca atención á OMS? Como aceitar, finalmente, que os estados europeos escolleran actuar tarde ou mesmo optaran pola estratexia de inmunidade do rabaño, que supón aceptar que o 50 ao 80% da poboación está infectada e consentir así a morte de centos de millares, mesmo de millóns de persoas, principalmente maiores e máis fráxiles, nos paises con sistemas sanitarios insuficientes ? Alemaña, Francia, Inglaterra, mas tamén Italia e España, aínda que en menor medida mas ainda hoxe relutando en aceitar as evidencias, optaran por manter a economía o maior tempo posibel, cedendo ao desexo de manter a arbitraxe entre os imperativos económicos e os de saúde, tomando decisións dependendo da situación observada a diario. Nada novo no horizonte: fan o que “é xusto” mesmo contra as demandas (imediatas e urxentes) do seu eleitorado e dos seus clientes, sen vincallo de mandato mas coa vontade de facer entrar a todo o mundo en “razón”, talvez porque como afirmaba Nietzsche “xa non somos material para unha sociedade”.
Paternalismo libertario, é para levar a serio?
Hai que tentou e levou a práctica conciliar os tradicionalmente opostos conceitos de libertarianismo e paternalismo. O enfoque económico de Shunstein e Thaler exposto no seu libro “Nudge: Improving Decisions about Health, Wealth, and Happiness“(Yale University Press, 2008) inspirou o chamado “goberno eficiente” de Estado. A sua tese, baseada nas ciencias do comportamento, é que as preferencias das persoas son mal formadas e moitas veces contraditórias, o produto de nosa psique desordenada.Unha especie de maiéutica pós-moderna cuxo truque eré aceitar que todos deberíamos ter liberdade de escolla, encanto o goberno nos aguilloa na direción certa xa que se apresenta como incentivo ou estímulo que visa facer o indivíduo axir, sen imporlle restricións.Unha filosofia política que se baseia na suposición de que non sabemos as consecuencias de nosas próprias accións. O que o “paternalismo libertário” fai é entrar na brecha, com ferramentas políticas “leves” de persuasión moral, como as iniciativas de saúde pública – cousas proxetadas para nos salvar de nós mesmos, mas sen nos ceibar do embrullo de decidir. Porque se trata de que esa “intermediación” produza “unha formación de continuidade sen coerción, xa que o individuo experimenta o conxunto como se fose a súa destinación propia”,segundo Byung-Chul Han. Porén, podemos continuar falando de liberdade cuando hai unha única intermediación individualizada estatal ou cando se mina desde a soberania estatal a configuración dun poder supraestatal, por abaixo e por acima, do poder e dos dereitos?. É posibel unha democratización sen paternalismo e sen instrumentación etolóxica das persoas ?
Tres premisas forman o núcleo do argumento de Sunstein e Thaler para o paternalismo libertário: (a) en moitas situacións, os indivíduos carecen de preferencias estábeis ou ben definidas; (b) neses chances, a maneira pola cal os conxuntos de opcións son apresentados aos indivíduos pode afectar moito as escollas feitas (isto é, as preferencias son endóxenas ao xeito como as escollas son apresentadas ou encadradas); (c) como resultado desa preferencia de endoxeneidade,(c1) institucións públicas e privadas que controlan a estruturación das posibeis opcións posue un poder inevitábel para moldar as preferencias lábeis ou instábeis dos indivíduos e (c2) as escollas individuais non promoverán o ben-estar individual de maneira confiábel, a menos que as estruturas de escolla leven os indivíduos a selecionar a opción de promoción do ben-estar (chaman iso “paternalismo do encadramento da escolla” ”)
Esta arquitectura da escolla consiste en animar ás persoas, sen forzalas, “axudalas” a tomar as decisións correctas, é dicir, a través de influencias leves, indirectas e subtís, agradables e opcionais, xa que os individuos deben permanecer libres para tomaren as súas decisións, madia-leva! O nudging usa ideas sobre os nosos procesos mentais para mudar o noso comportamento mediante persuasión e afirmación positiva, presupondo ou asumindo un modelo de comunicación non opaco ou entorpecedor, a situación “neutral” do laboratorio científico ou a conciencia arcanxélica dos sabios ou comités centrais como se o contrato ou acordo realmente existente se basease en que todos asumimos unha verdade racional que presúme-se obxectiva e inscrita na mesma “natureza” humana.Nomeadamente cando se trata de afirmar as “certezas” da ciencia económica contra outras demandas (dereitos laborais e sanitarios etc.)
Eis a estratégia do Partido Laborista para o terceiro mandato de Blair, baseada en adiviñar o comportamento por meio de ferramentas políticas “leves” de persuasión moral comunicativa. James Cameron dicia en 2006 que o novo partido conservador debía seguir un camiño entre a indiferenza amoral e a enxeñaria social coercitiva – que opera, segundo ele, “por persuasión, non por poder”. A chave aquí està no reforzo visual da mensaxe do goberno. Boris Johson, ladeado e seguido por seus consultores científicos, de que o goberno está confiando na ciencia – e sabe o que está facendo- e o goberno de Sánchez, sumándolle militares –que ten os medios coercitivos para facelo.
Un artigo o 13 de marzo publicado en The Guardian per Yates (“Por que o goberno confía na teoría do nudo para combater o coronavirus?”) Pregunta por que o goberno de Boris Johnson evitou medidas de distancia social, como o peche das escolas e o prohibiu grandes eventos deportivos e en vez diso optou por pelos de comportamento. Por unha banda, rexeitou a coacción ao comportamento individual e, por outra banda, manter a confianza nos “xestos de contención”: permanecer a distancia, lavarse as mans, illarse a si mesmo ao tusir, se iso é do propio interese da persoa. A aposta por un incentivo leve e voluntario era arriscada, non se baseaba en datos científicos que demostrasen a súa relevancia nunha situación epidémica. Agora produciu o fracaso que agora coñecemos.
A razón pola que aínda non lles era hora de pechar as escolas ou prohibir grandes reunións é que a xente se cansa de prohibicións e atopa formas de safar. Se a eficacia das medidas de distancia social é limitada no tempo, segundo esa lóxica parece ser mellor reservar esas medidas para cando estarmos máis perto do bico da corva epidémica. Esa tamén foi a elección de Macron até o 14 de marzo. “A vida continúa. Non hai razón para cambiar os nosos hábitos, agás para as poboacións máis vulnerables”, dixo. As previsións de fatiga parecen dubidosas. Se o que alegaran para adiar tanto tempo as medidas de contención é que as persoas se cansan de prohibicións e atopan formas de evitalas, a cifra de contaminados e mortos foi ben persuasiva, mas tarde demais.
Un estudo realizado no Brasil suxere que o “paternalismo libertário” é mais amplamente aceito cando as persoas partillan unha visión naturalística do comportamento humano, independentemente de seu posicionamento político-ideolóxico. Como se a “visión naturalística” non fose un posicionamento, unha interpretación que, de facto, é a visión apologista do status quo, cando o que resta dun pensamento e política de esquerda é un antinaturalismo radical que revolta contra quen pretende alicerzar sobre o coñecimento certo da verdadeira natureza de homes e de cousas.
Portanto, o poder como idea abstracta xerada en termo comunicativos non pode ter unha interpretación realista. Xa é en orixe unha xeira do poder no seu constituirse. Portanto o poder xa é estratéxicamente persuasivo.Na década dos 70 Habermas advertía que “nas comunicacións distorsionadas por barreiras sistémicas os interesados formans as súas conviccións sen sentirense subxectivamente coaccionados; mas esas conviccións non son máis ca ilusións; e así xeran un poder que cando é institucionalizado pode tornarse contra os mesmos interesados”. Talvez seja por isso que é importante não esquecer que a retórica desde Aristóteles é arte de descobrir, em cada caso particular, os meios apropriados de persuasión. A persuasión, xunto coa suxestión, é tamén o medio principal para a propaganda. Aquén da forza normativa, o poder é xa de seu poder de comunicación política estratéxica. Dí Foucault, “o poder produce; produce realidade”. Mas na nosa época os efectos de poder asociados á negatividade (reprimir, rexeitar, excluir, censurar e ocultar, foronse tinguindo de positividade, mas non por iso menos privado de capacidade para producir realidade. Pola contra, a positividade discursiva que xa recubre todo o corpo socia axindo sen aparente coerción externa: fai que a liberade coincida co submetimento.Opera non apenas sobre as institucións e espacios mas sobre o automatismo dos costumes, criando hábitos: “I like it or I don’t like it'”. Da mediatización do mercado á mediatización da política. O recurso dos spin-doctors que se apresentan como figuras profisionais “neutras” foi oferecido sen solución de continuidade entre o mercado e as campañas eleitorais, apresentando os candidatos à presidência como se fosen un produto.
O chamado “paternalismo libertario” polo que de Shunstein e Thaler ( Libertarian Paternalism, 93 Am. Econ. Rev.175, 175 (2003) quixeran mostrar que o control estatal sobre a estrutura dos conxuntos de escolas pode mellorar o ben-estar dos cidadáns sen reducir a autonomia persoal é un oxímoro na práctica orientado a adiar as medidas draconianas que afectarían necesariamente á economía. En outras palabras, defenden “esforzos autoconscientes, por institucións públicas e privadas, para orientar as escollas das persoas na direción que melloren o ben-estar do próprio escollido.” E alegan que “o paternalismo libertario é un tipo de paternalismo feble e relativamente non intrusivo porque as opcións non están bloqueadas ou excluídos”. O exemplo prototípico dunha política paternalista libertaria é o plano 401 (k) coa opción predeterminada establecida na inscripción automática para fomentar a participación, mas que permite optar por non participar desta inscripción predeterminada.O plano aproveita a “rixidez” das normas predeterminadas para mover as persoas nunha direción que probabelmente escollerian se non sufriran problemas de baixo autocontrol e tendencias de consumo impulsivo” (sic)
Mas o que unha premisa como ese presupón ? É inevitabel o paternalismo en situacions nas que as preferencias mostren unha sensibilidade irracional ao marco de elección?. É alegado xustificar a escolla de ben-estar por oposición á libertade como guieiro paternalista do “paternalismo libertario”?
A principal premisa do paternalismo libertário, no que respeita à inevitábel sensibilidade das preferencias a cadros de escolla, é controversa, mas mesmo se asumirmos a exatitude desa premisa, os problemas permanecen. De feito, somente se asumirmos a verdade total ou parcial desa premisa é que o conceito de paternalismo libertário se torna oximorónico. Iso é, paradoxalmente, apenas se esa premissa empírica estivera completamente errada, Sunstein e Thaler reivindican que o paternalismo libertário non é un oxímoro, pois as políticas do paternalista libertário non interferirian na autonomia persoal do tomador de decisión . Porén,renden muito terreno libertário ao paternalista. NON oferecen un vieiro regulatório que permita esforzos paternalistas de mellora do ben-estar sen se intrometer na autonomia persoal. Porque o paternalismo libertário é um oxímoro.O paternalismo libertário, conforme formulado por estes autores, non é pensado para libertar indivíduos de suas tendencias irracionais, mas para capitalizar as tendencias irracionais de mover os cidadánss nas direción que o planexador paternalista xulgar mellor. Certamente, esas premisas minan a suposición libertária fundamental de que os indivíduos son os mellores xuízes e valedores de seu próprio ben-estar, agás cando se asume que ainda non teñen de sair e deben permanecer en minoria da idade.
O “público” non é reducibel ao “Estado”

O recoñecemento de fracasos produce unha virada impresionante ao adoptar a mesma postura e retórica marcial que Pedro Sánchez, con chamadas a mobilizacións xerais e ao “desinterese patriótico”, xa que “estamos en guerra”. Este é o auxe do poderoso estado soberano, que foi moi ben recibido polos neofascistas. A defensa dos servizos públicos xungue agora coas prerrogativas do Estado: eliminar a saúde pública da lóxica do mercado sería un acto de soberanía que corrixise o exceso de concesións realizadas no pasado á Unión Europea.
Non obstante, non é tan obvio que a noción de servizo público esixa a soberanía do Estado, e moito menos a súa militarización. A suposta superioridade do Estado susténtase en que só pode actuar a través dos seus representantes, que supostamente incorporan unha continuidade que está fóra da duración das súas funcións. Porén, o “público” non é reducibel ao “Estado”. Polo tanto, non só se refire á administración do Estado, senón a toda a comunidade, unha unidade que está formada por todos os cidadáns: os servizos públicos non son servizos estatais no sentido de que o Estado podería dispor del como considera oportuno, nen son unha proxección. do Estado, son públicos na medida en que “están ao servizo do público”. Non son favores concedidos polo Estado paterno, senón que deben o Estado e o goberno aos gobernados. Dito doutro xeito, é a primacía dos deberes dos que gobernan o gobernado que sustenta o que se chama “servizo público”, é a idea de servizo público que limita o poder do gobernador que á súa vez se converte en servo dos gobernados.O espetáculo de tanta conversión de devotos reivindicando os “valores” da herdo marxista e as oportunidades do anarco-comunismo, ao que os socialistas tiñan renunciado.
Por iso resulta alarmante vermos ver á policía naval camiñando por cidades e vilas porque non se axustan ao principio de solidariedade social, que se impón a todos, senón ao principio de soberanía, incompatible co da responsabilidade pública. Os cidadáns aplaudiron nos balcóns e fiestras, os profesionais sanitarios, a pesar de calquera actitude cara ao estado unitario e centralizado que o exército simboliza.
O perigoso ensaio do “gobierno rotundamente progresista” é misturar o apego da cidadania aos servizos públicos, particularmente aos servizos hospitalares, como se for unha forma de aderencia á autoridade ou poder politico nas suas várias formas, cando non é máis que apego aos próprios servizos públicos que teñen por alvo atender as necessidades públicas. Lonxe de mostrar a adhesión á identidade española, este apego proporciona un significado universal que traspasa fronteiras. E é o que nos fai empatizar coas dificultades que experimentan os nosos concidadáns ao andazo, aquén e alén España e Europa.








