off
Ciencia, COVID-19, Europa — 31 Marzo, 2020 at 7:14 p.m.

The Lancet: “É un escándalo, como o deixamos pasar?”

by

É o que afirma Richard Horton,editor de un dos principais xornais médicos, denunciando a acción do goberno británico sobre a crise do coronavirus

En declaracións á BBC,critica o desempeño de Boris Johnson na crise contra o coronavirus 2019. O primeiro ministro, que foi infectado con Covid-19, demorou varias semanas en tomarse en serio a pandemia e tomar medidas drásticas para evitalo. Ao respecto, Horton critica que o goberno non forneceu o material necesario para que os profesionais da saúde traballen con seguridade.

«Francamente, sinto dicilo, mas é un escándalo nacional. Non debemos estar nesta situación. A derradeira semana de xaneiro sabiamos que ía chegar. A mensaxe de China era absolutamente clara: un novo virus cun potencial pandémico estaba afectando cidades enteiras. A xente estaba ingresada en hospitais, UCI e morreron. E a mortalidade foi crecendo. Sabiamos isto hai once semanas e malgastámolo en febreiro, mas puidemos actuar. Algunhas semanas cando puidemos preparar testes, producir suprimentos de protección para o persoal sanitario, e non o fixemos. Sinto que non só non hai material de protección, senón que hai material defectuoso ou inapropiado. O que hai nen sequer cumpre cos requisitos da OMS. Poñemos aos nosos sanitarios, que todos aplaudimos noite e día, na primeira liña sen o material que precisan para protexerse. Levan máscaras cirúrxicas que non pertencen á OMS, levan uns delgados avantais de plástico  non adecuados e usan luvas de goma que só cubren o pulso e que expoñen os brazos ao perigo. Este é un escándalo nacional. Como é que permitimos que pasase? A hipocresía de aplaudir aos traballadores do NHS mentres o goberno non os apoie na primeira liña é tráxica e podería evitarse. Lamento, mas podería evitarse».

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off