off
COVID-19, Galiza, Movementos sociais, Política, Traballo — 26 Marzo, 2020 at 7:38 a.m.

A CIG reclama un plan de choque social

by

Cualifica de irresponsábel prorrogar o estado de alarma sen parar todo e sen aprobar un paquete social xusto e advirte que as insuficientes medidas económicas adoptadas provocarán un empobrecemento aínda maior das traballadoras .  A central sindical pide que dunha vez por todas, o Presidente da Xunta asuma as súas funcións e realmente as exerza. En Galiza os ERTES chegan  xa aos 17.763, atinxindo a máis de 95.500 traballadores e traballadoras.

Segundo a CIG “manter as inxustas medidas laborais, económicas e socias do pasado 18 de marzo no Decreto 8/2020, así como non aprobar de inmediato un paquete social, dificultará a recuperación cando remate emerxencia sanitaria e contibuirá a unha crise social.O secretario xeral da CIG reprocha tamén o “caos” derivado das “insuficientes e inxustas” medidas económicas e denuncia o grave risco de que o confinamento “acabe provocando un aínda maior empobrecemento da clase traballadora, por mor da significativa redución de ingresos que van sufrir. Máis nun contexto no que, xa antes da crise sanitaria, viñamos denunciando a extensión da pobreza laboral”. Acrescenta que non modificar o Decreto 8/2020  impide garantir o emprego e os salarios íntegros das traballadoras/es,  en todas as contratas dependentes das administracións públicas -municipais ou galegas-.

Por iso, a central sindical reclama “unha solución inmediata á situación das empregadas do fogar xa que até o de agora non se adoptou ningunha medida nin preventiva nin laboral para este colectivo; que se garanta a concesión automática de todas as solicitudes de adaptación ou redución de xornada; que se axilice o cobro do desemprego; que se garanta que quen está a cobrar o desemprego non vexa consumida a súa prestación neste tempo e que os traballadores/as con contratos temporais ou de ETTs que foron despedidos/as, “accedan ás mesmas medidas que o resto dos traballadores”.

Plan de choque social

A queda dos ingresos nas familias e o retraso no cobro dos salarios e das prestacións por desemprego, obriga o Goberno a aprobar de urxencia e dunha vez un paquete de medidas que axude ao pago dos alugueiros e que obrigue as entidades financeiras e as empresas eléctricas a condonar o pago desta mensualidade (hipotecas, recibos de auga, luz, gas, etc.), e durante o tempo que dure o estado de alarma.

A Xunta elude exercer as súas competencias

Alén diso, o secretario xeral da CIG láiase de que o goberno da Xunta, en vez de reclamar e exercer as súas competencias fronte a centralización imposta coa declaración do estado de alarma, asuma, como sempre, un papel subsidiario. Unha centralización que para Carril é ademais “un fracaso” do momento no que nin sequera foi quen de articular a compra de equipos de protección e material sanitario necesario que agora cada quen ten que se buscar pola súa conta.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off