off
COVID-19, Galiza, Ortegal — 25 Marzo, 2020 at 7:14 p.m.

5 persoas infectadas por coronavirus en Ortigueira

by

O Concello de Ortigueira vén de informar de tres focos de coronavirus Covid-19 nos que,arestora, infectáronse un total de cinco persoas, catro están hospitalizadas e unha permanece no seu domicilio. Outros dous veciños están no hospital á espera de probas que confirmen se padecen ou non a enfermidade. Segundo esta fonte,a orixe dos tres focos está nun baile celebrado o día 12 en Ortigueira; unha familia que volveu de vacacións nunha viaxe co Imserso á zona de Levante; e o contacto cunha persoa que viaxou ao extranxeiro.

En comunicado na web co concello,o alcalde explica que, «á marxe desas cinco persoas confirmadas con coronavirus, a maioría da xente en contacto con eses focos non presenta síntoma algún, polo que é moi importante permanecer en situación de confinamento porque os contaxios pódense producir aínda sen telos e -no caso de quen non estiveron preto dos focos- para no poñer en risco a súa saúde.»

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off