off
COVID-19, Galiza — 25 Marzo, 2020 at 8:38 a.m.

27 vítimas mortais da COVID-19 en Galiza

by

Máis de 500 mortos por coronavirus nas últimas 24 horas en todo o Estado. 125 profesionais da sanidade galega contaxiaran xa da COVID-19

Núñez Feixoo ofreceu dados actualizados sobre a COVD-19 na tarde de onte: na Galiza hai 1521 casos activos: 68 na UCI, 393 en hospitalización e 1060 domiciliados. O número de PCR realizadas é de 6.741.

As doentes falecidas estaban ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac); un home de 78 anos que permanecía no Hospital Lucus Augusti de Lugo e outro home de 90 que era asistido no Complexo Hospitalario de Ourense (Chuo).Na segunda-feira, tamén finaran dous homes, ambos os dous con patoloxías previas, segundo dados de Sanidade, un home de 69 anos de idade ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) e outro de 81 anos de idade que estaba no Hospital Lucus Augusti de Lugo.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off