Italia desbordada ordenou pechar toda actividade de produción non esencial debido ao coronavirus.Desde onte hai 112 mortes por Covid-19 no estado francés, que xa conta con 562, e 1.847 novos casos, o que eleva o total a 14.459
Os responsables técnicos e sanitarios que están a xestionar a crise sanitaria do coronavirus anunciaron que, a partires deste sábado, distribuiranse 640.000 probas rápidas que permitirán tirar resultados nun tempo de entre 15 e 20 minutos. A previsión é chegar aos próximos días a un millón de kits con estas características. Tamén se repartirán 500.000 máscaras para profesionais e 800.000 para pacientes e mercáronse 7 respiradores.
O novo balance da afectación do coronavirus en España é de 1.326 vítimas mortais -324 máis que onte- e 24.926 infeccións confirmadas, segundo datos do qMinisterio de Sanidade. Nun momento no que aínda non se chegou ao cumio das infeccións e o sistema sanitario está pronto a colapsar, hai 1.612 persoas na UCI. De todos os casos que resultaron positivos, máis da metade precisaron hospitalización, mentres que 2.125 persoas superaron a doenza. A previsión é que as infeccións continuen aumentando nos días vindeiros.
“Ninguén pode saber cando chegaremos ao cumio. O que sabemos é que as medidas de distanciamento social terán efecto”, dixo María José Sierra, técnica do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, que hoxe tivo que substituír a Fernando Simón porque resentaba síntomas de Covid-19 ainda que finalmente deu resultados negativos na proba. Tamén insistiu en que as medidas de illamento ordenadas son as adecuadas e mostrouse convencida de que darán os seus froitos.
A fatalidade atinxe especialmente aos maiores de 70 anos
A letalidade do coronavirus en España, segundo os coordinadores da crise, é do 5% dos casos confirmados. Porém, esta porcentaxe non é real porque non ten en conta todas as infeccións reais, só o que foron capaces de diagnosticar. Durante a conferência de imprensa deste sábado especificaron que se realizaron 350.000 probas de detección. Non se publicaron datos pormenorizados por grupo de idade até agora, mas Sierra dixo que se fará en breve. Xa apuntou algúns: arredor de 50 dos hospitalizados, acrescentou, teñen máis de 70 anos e o 70% dos que están na UCI teñen máis de 60 anos. Entre os menores de 30 anos, a hospitalización está entre o 5% e o 10%, mentres que baixa entre o 1% e o 2% entre os menores de 20 anos ingresados. A fatalidade do caso, especificou, sitúase “principalmente nos maiores de 70 anos” e “especialmente nos maiores de 80 anos”.








