Néstor Rego pide que se introduzan medidas de protección que impidan que os cambios nos sistemas de traballo a causa desta crise, afecten aos dereitos laborais dos traballadores e traballadoras. O deputado lémbralle o Goberno que “segue sendo necesario pechar Madrid para evitar a contaxio a todo o Estado. En Galicia, durante os primeiros 5 días, o 70% dos contaxios procederon de Madrid” e acrescentou, “o pobo galego superou situacións moi adversas na historia. Sairemos adiante unha vez máis.”

















