As forzas políticas galegas acordaron onte deixar sen efecto a convocatoria electoral prevista para dentro de menos de tres semanas. O actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, coa representación do resto de forzas galegas confirmou o que xa todo o mundo agardaba: a posposición das eleccións previstas para o 5-A até a resolución da crise a derivada da propagación do coronavirus.
«Coincidimos en que non se poden celebrar en ningún caso na data prevista”, sinalou, tras a conversa con Gonzalo Caballero (PSdeG), A7ntón Gómez-Reino (Galicia en Común), Ana Pontón (BNG) e Beatriz Pino (Ciudadanos), Feixoo, sen comprometer data.
