A portavoz nacional do BNG, e candidata á presidencia da Xunta de Galiza Ana Pontón, anuncia que mañá trasladará un paquete de medidas ao goberno galego no “ámbito preventivo, nos servizos sanitarios e de resposta económica e social á grave crise xerada polo coronavirus.Tamén cuestiona a “recentralización de competencias».
“Unha moratoria no pago de hipotecas, iniciativas de apoio a autónomos e axudas extraordinarias como a condonación de recibos de luz e gas aos traballadores e traballadoras afectadas pola perda de emprego”
BNG pide a moratoria no pago de hipotecas, condonación de recibos de luz e gas para todos os traballadores e traballadoras afectadas pola crise e apoio ás persoas autónomas xa que a saúde dos e das traballadoras non pode estar por baixo dos lucros de grandes empresas nen pode ser excusa para deturpar e drenar direitos fundamentais.
O BNG reitera a necesidade de “blindar Galiza” como medida eficaz contra a expansión do virus e cuestiona a “recentralización de competencias”, tras a declaración de estado de alarma e fai un chamento “a calma e á responsabilidade” e reitera que non é un momento de partidismos, “temos que traballar cóbado con cóbado para que toda a sociedade galega supere con éxito esta grave crise”.








