Ana Pontón compareceu para trasladar a proposta do BNG de adiar ás eleccións ante a crise do coronavirus xa que acha
prioritario a saúde das galegas e dos galego,non se dan as condicións para ir ás urnas con garantía e agarda que a decisión se adopte por consenso coas forzas políticas e t todas as garantías xurídicas
BNG acaba de solicitar adiar as eleicións segundo comunicado no que se afirma que «o electoral debe pasar a un segundo plano. Agora o urxente é atender como país, desde a unidade e a responsabilidade, a crise de saúde pública e as consecuencias económicas e sociais que vai ter. É momento de estar unidos e unidas».
Sen restar gravidade, a situación na Galiza non é neste momento equiparábel ao resto do Estado en canto á intensidade na afección desta epidemia, o BNG «desde unha óptica de responsabilidade co noso pobo, é partidario de adoptar todas as medidas que sexan precisas para minimizar na medida do posíbel a afección deste virus, e das consecuencias de toda índole que leva aparelladas sobre o conxunto da sociedade».
O comunicado recoñe ao labor e o compromiso que están a demostrar as traballadoras e traballadores da sanidade pública do país e solidarizase coas ás persoas infectadas polo virus e ás súas familias, polos momentos difíciles que están a atravesar»
Remata o comunicado lembrando que «fomos quen, colectivamente, de superarmos situacións adversas na historia…cun gran sentido de comunidade e de solidariedade» e que mesmo á marxe das institucións, somos quen de nos facer valer por nós propi@s e que, por tanto, saberemos enfrontar con coraxe, con unidade e con decisión o futuro máis imediato».
