off
Editorial, Feminismo, Galiza, Movementos sociais — 8 Marzo, 2020 at 8:21 a.m.

#8M :O que ainda precisas mudar para que mulleres e meniñas na Galiza podan ser iguais?

by

O que ainda precisas mudar para que mulleres e meniñas na Galiza podan ser iguais? No Dia Internacional da Muller, pedimos ás nosas leitoras e leitores suas ideas e pensamentos sobre como tornar a Galiza un lugar mellor e mais xusto.

Precisamos urxentemente rebulir de cranios sobre as desigualdades profundas e persistentes. A mudanza non vale a pena cando apenas os privilexiados poden apañar os benefícios. Iso non é igualdade

Precisamos chamar polo nome as discriminacións, as inxustizas, a marxinalizacion, a pobreza, a violencia, o racismo, o desprezo e os danos e ferimentos que tantas mulleres ainda sofren todos os dias aqui na Galiza e en todo o mundo. Desigualdades enraizadas de clase, renda, capacidade, sexualidade, etnia, idade, cidadania, xeografia e moito mais.

Precisamos rebulir de solidariedade coas mulleres en todos os lugares e estender a mao para mulleres como “nós” e non como “nós”. Ese rebulir é un apelo à acción. Exórtanos a nos aventurarmos alén de nosas zonas de conforto e a sermos coraxosas e xenerosas. Mas cando os direitos básicos, liberdades e humanidade de tantas son negados ou ameazadas por sistemas globais tóxicos, temos razóns en rebulirmos, resistirmos e rebelarmos.

Onde estan as mulleres?

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off