off
Galiza, Política — 25 Febreiro, 2020 at 11:33 a.m.

O BNG denuncia ao Executivo e a Feixóo ante a Xunta Electoral por instrumentalizar a web do Goberno para facer propaganda do PP

by

O lema electoral do PP “Galicia é moito” copia unha campaña institucional da Xunta,financiada con cartos públicos, con lendas como  esta: “O rural é moito”. O BNG ven de presentar duas denuncias ante a Xunta Electoral contra o Goberno da Xunta e contra o actual presidente, Alberto Núñez Feixóo, por utilizar a web institucional “para facer propaganda en beneficio do PP”,  incumprindo artigo 50.2 da LOREG, que recolle expresamente: “desde a convocatoria das eleccións até a celebración das mesmas queda prohibida calquera acto organizado ou financiado, directa ou indirectamente, polos poderes públicos que conteña alusións ás realizacións ou aos logros obtidos, ou que se utilicen imaxes ou expresións coincidentes ou similares ás utilizadas nas súas propias campañas por algunha das entidades políticas que concorren ás eleccións”.

O BNG denuncia a vulneración do artigo 50.2 da LOREG por parte do PP por usar a web da Xunta e valados publicitarios, para difundir mensaxes semenllantes e mesmo calcadas ás usadas polo propio PP nas sua campaña electoral.

O Partido Popular vén de facer pública a súa campaña preelectoral “Galicia é moito” acompañada da faciana de Feixoo, -e o logo do PP reducido a mínima expresión-,encanto  en paralelo difunde unha campaña institucional en valados exteriores e na propia web cos logos oficiais da Xunta que é unha copia descarada do lema electoral, lucindo lendas como “O Rural é moito”, “Galicia é familia” ou “Galicia é verde”

 

 

 

A isto hai que engadir que a web institucional acumula desde o día da convocatoria das eleccións do 5A unha catarata de notas de prensa difundido supostos logros do Goberno do PP, de novo nun incumprimento evidente do artigo 50.2 da LOREG. Deste xeito podemos ler titulares como: A Xunta dá novos pasos para completar o mapa da intermodalidade que fai posible que hoxe as sete cidades galegas teñan estacións intermodais en obras ou co proxecto definitivo; A Xunta duplica a achega económica ao financiamento dos accesos a intermodal de Vigo, pasando dun investimento de 1,7 millóns de euros a 3,4 millóns de euros; Feixóo estima que o orzamento (de 27 millóns de euros destinados a incentivar a economía social) posibilite a inserción laboral ou o mantemento de 3.500 empregos.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off