off
Cedeira, Ecoloxía, Editorial, Meio ambiente, Ortegal — 18 Febreiro, 2020 at 1:50 p.m.

O enorme retorno de La Vuelta, u-lo?

by

O 14 Agosto, 2016 publicabamos editorial no que cuestionabamos porque a meta de “la Vuelta” dalquel ano ia inserida na Capelada, sendo final de etapa a garita de Herbeira. O sancta sanctorum, o embigo da Serra da Capelada, “complexo xeolóxico de grande interese formado por rocas básicas e ultrabásicas, con cantís ribeiriños de até 500 metros de degrau e matogueiras aerohalinas de  Erica vagans e Ulex maritimus, zonas de alagamento temporal e turbeiras”.  E preguntabamos se era mais un indicador de até onde ousamos chegar, de aceptar todo por unas horas,mais ben minutos, na televisión.

Uns dias despois publicabamos o artigo  de opinión A “sindrome de Barreiro” e outras reviravoltas   no que se abondaba no tema da neolingua na que estamos instalados: “Porque lle chaman “valores medioambientais e crecemento sustentabel” ao que non é máis do que a industrizalización e mercantilización insustentabel da súa práctica?”

Como se fose o mesmiño organizador do evento, afirmaba  berlanguiano o presidente da Deputación de A Coruña, Valentín González Formoso: «Foi un gran acerto levar a Vuelta a un enclave singular e máxico como San Andrés de Teixido, que xa é moi popular en Galicia, pero que a partir de hoxe será recoñecido en todo o mundo grazas a La Vuelta». 

Con certeza? O Alcalde Moreda ainda non  explicou exactamente os motivos. Sigue a pensar o mesmo sobre as supostas bondades deste acontecimento efémero?

O sábado pasado o xornal El País informaba que a fiscalía de medio ambiente pescudaba desbroces na Rede Natura para a Vuelta Ciclista 2018 (seica unha “accidentada etapa de Estaca de Bares” (Mañón- A Coruña), espazo protexido  “dos máis emblemáticos de Galicia” desde que foi distinguido pola Goberno da Segunda República o ano 1931, denunciados pola Sociedade Galega de Historia Natural, en concreto, por un grupo de científicos que leva tempo apañando probas gráfica dos danos feitos polas Administracións.

Esta paisaxe está hoxe protexida na Rede Natura 2000, ZEC (Zona de Especial Conservación), ZEPA (Zona de especial protección para as aves) e tamén Zona de Especial Proteccion dos Valores Naturais para a  Xunta de Galicia.Cinco normativas diferentes para un espazo cun farol de 170 anos, un observatorio ornitolóxico e as ruinas da base militar norteamericana.Todo para servir de aparcamento, “potente megafonía” (Prohibida polo Decreto 37/2014 nos espazos Rede Natura 2000) e indiscriminado desbroce  mecanizado de todo o que fose atranco para as instalacións de La Vuelta.

Mentres en Cedeira seguimos sen coñecer o “enorme” retorno que ía vir, sempre expresado en cartos, madía leva!, nunca computando a deturpación do medio ambiente e unha contorna que serve para todo, por ter sido final de Vuelta ou para un Parque Xeolóxico, ou para o que for preciso.

 


Ao mellor tamén che interesa

A “Vuelta Ciclista a España”, para que?

A “sindrome de Barreiro” e outras reviravoltas

Visor oficial RN2000 da Unión Europea: http://natura2000.eea.europa.eu/

http://abapeisa.com/visor-cartografico-de-la-red-natura-2000-de-la-comision-europea/

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off