off
Com meios próprios, e com colaborações que vêm de múltiplos horizontes, daqui e dacolá, queremos oferecer uma abordagem enriquecedora e diversificada do local e do global em plena transformação e cujo futuro nos preocupa a todas.
Ollaparo defende a discussão política livre, aberta e fraterna entre a gente e as correntes que fazem parte da esquerda. No entanto, nestas páginas não há espaço para ataques a entidades ou pessoas ou insultos como alegados argumentos. Os comentários serão gerados e, quando apropriado, excluídos, de acordo com esses critérios. Queremos dizer que não publicaremos insultos e desqualificações gratuitas
O 7 de febreiro Carballo acubilla a celebración do Día dos Medios en Galego
by RedaçãoUnha celebración ratificada no Parlamento Galego segundo informa a Asociación de Medios en Galego no seu web e que se celebra cada ano co gallo da saída ás rúas da primeira publicación xornalística realizada integramente en galego, O Tío Marcos d’A Portela, editado en Ourense por Valentín lamas Carbajal en 1876.
Carballo acolle a partir das 20:30h no Casino1889 o acto principal dunha celebración que tamén o é da lingua. A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) quere festexar cos 100 medios que cada día usan o galego para contar o que acontece no país. Máis de 100 medios diversificados entre a profesionalización, o amateurismo e o voluntarismo. O acto será presentado pola regueifeira de Bergantiños, Lupe Blanco e amenizado por Avelino González, coa participación da Deputada da área de Igualdade e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, María Muíño Filgueira; o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García; e a Concelleira de Normalización do Concello de Carballo, Maruxa Suárez.Pechará o acto a banda indie-punk Terbutalina.
Compartillar:
Gústame esto:
Relacionado