off
Feminismo, Galiza, Sen categorizar — 11 Decembro, 2019 at 12:03 p.m.

No Obradoiro resoou acción feminista:’Un violador no teu camiño’

by

A acción feminista xurdida en Chile ‘Un violador no teu camiño’  ecoou no cerne de Compostela na voz de 300 mulleres.O texto foi traducido ao galego e algúns dos seus elementos foron modificados, mudando ‘pacos’ por ‘machos’ ou ‘o presidente’ por ‘a Igrexa’ e mudando tamén o retrouso  final tirado do ‘Himno dos Carabineros’ chileno por unha referencia máis recoñeciblel na nosa  contorna: “non somos presas para manadas/ somos mulleres empoderadas/ as violadas non están soas/ tocan a unha e saímos todas”.

 

Rematado o acto de lectura e intepretación do texto o berro dun home esgazou o silencio: “ahora a casa, que hay que hacer la cena”. O agresor  foi convidado a marchar e foi identificado como militante de Novas Xeracións. As mocidades do PP comunicaran que o home apresentou a súa baixa esta terza-feira,devinculandose do partido españolista. Ainda que anecdótico, un síntoma da aberta hostilidade  do patriarcalismo latente na sociedade cara o feminismo.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off