off
Ecoloxía, Imprensa, Medio ambiente — 2 Decembro, 2019 at 3:33 p.m.

ENDESA: Patrocinadora contaminante

by

Endesa, a empresa que máis contamina en España gábase de sustentabilidade na COP25(en 2018 foran 30 millóns de toneladas, o triplo que a segunda, a petroleira Repsol-Petrono). A empresa “merca” as capas de 8 dos principais diarios do estado, entre eles La Voz de Galicia, Faro de Vigo, La Opinión de A Coruña, El Progreso ou El Correo Gallego, para apresentar-se coma sustentábel e tambén é unha das principais patrocinadoras da Cimeira do Clima.

Cimeira do Clima

Inaugurouse a conferencia climática en Madrid, COP25. António Guterres, secretario xeral das Nacións Unidas: “É imprescindibel que os gobernos non só honren as súas contribucións e os Acordos de París, senón que aumenten substancialmente a súa ambición. Mesmo no caso de que os Acordos de París se cumpran plenamente , non sería suficiente “.

Agora que Madrid acolle a cimeira para loitar contra a emerxencia climática, as empresas españolas están baixo escrutinio, especialmente cando moitas delas patrocinan este encontro internacional, que ten como obxectivo acadar un corte de emisións que levará o mundo á neutralidade do carbono en 2050. Entre os principais colaboradores destacan Iberdrola, Endesa-Enel, Suez, Acciona, Santander, Mapfre, BBVA, Sabadell, Talgo, Abertis, Gestamp, Indra, Iberostar, Iberia, Siemens-Gamesa, Seat e Telefónica.

 

Big Polluters

A listaxe das empresas máis contaminantes é publicada polo Observatorio de Sustentabilidade, OS, unha organización independente que quer ser refente en España. A segunda é a petroleira Repsol-Petrono)con 10,6 millóns de toneladas, seguida de Naturgy (9 millóns), EDP (9 millóns), ArcelorMittal (6 millóns) e CEPSA (4,6 millóns), segundo o informe de contaminantes 2019 do OS.

Chámase Big Polluters, Grandes Contaminantes, para face-la baseanse en información oficial e a evolución permete enfitar que empresas eléctricas estan baixando posicións na lista, porque estan descarbonizando o seu proceso.Endesa é, continuará sendo,o primeira emisora de polución.

De todas, no entanto, a primeira no ranking internacional é a ArcelorMittal, que ocupa o 40º lugar na listaxe de empresas que xeran mais emisións de CO2 no mundo, de acordo co estudo encomendado pola Thomson Reuters, que, polo contrário, doutros rankings de emisores globais, leva en consideración todos os sectores e non apenas os produtores de combustíbeis fóseis.Nesta listaxe internacional,  Gas Natural aparece no número 64 e a Repsol, nos 70, en frente à Endesa, que ocupa o número 80.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: