off
Cinema, Galiza — 2 Decembro, 2019 at 12:58 p.m.

4 nominacións aos Goya para ‘O que Arde’

by

Mellor filme, mellor dirección (Oliver Laxe), mellor actriz revelación (Benedicta Sánchez) e mellor fotografía (Mauro Herce).’O que arde’ suma xa nove semanas en carteleira e é o filme con maior número de espectadores

 

 

O filme continúa a sumar recoñecimento após o suceso de crítica e público. Hoxe foi nomiado a 4 Premios Goya: Mellor película, mellor dirección (Oliver Laxe), mellor actriz revelación (Benedicta Sánchez) e mellor fotografía (Mauro Herce). ‘O que Arde’ superaba os 62.500 espectadores en sala hai quince dias, superando asín a cifra do  pioneiro filme de Chao Piñeiro, Sempre Xonxa.

Os filmes con maior número de nominacións aos  Goya son: ‘Mientras dure la guerra’, de Alejandro Amenábar,con 17; ‘Dolor y gloria’, de Pedro Almodóvar, 16,  ‘La trinchera infinita’, con 15.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off