off
10N, Movementos sociais, Opinião, Política, Politica espanhola — 15 Novembro, 2019 at 8:31 a.m.

E aos corenta e catro regurxitou

by
Pactos da Moncloa

Todo ven dun erro, unha apreciación falaciosa, un absurdo profundo que acabouse tornando endémico. A alarma que o espertar impede por parte dos cidadás ter un ponto de partida ao mesmo tempo inxénuo e ambíguo: considerarmos que este país (aqui e agora) é da esquerda, ou polo menos progresista. Daí o slogan da “alerta antifascista” ou o berro “que veñen os fachas!”, co que alguns partidos tentaran mobilizar as sensibilidades mais desexadas. Mas non é asín A sociedade espanhola é, no elementar e no básico, conservadora, e até medoña politacamente falando. Desgrazados ben-intencionados susurrando en pousios, além dos quatro que sabem o que está acontecendo. Alguns estão sempre em permanente discórdia.politicamente falando. Espaventos ben-intencionados ocupando pousios, alén dos catro que saben do que se trata. Alguns están sempre em permanente discórdia. É por iso que, o persoal enfitou con naturalidade as lerias do pope Santiago Abascal, dirixente de VOX para máis datos, reivindicando nun debate televisivo as categorías do tradicionalismo máis ranzoso na súa versión pos-moderna (xenófoba, homófoba, patriotera, cuarteleira e populista). As mesmas ideas tronantes e patibularias que ondearon durante a criminal ditadura (admítase aquí o acaimento do pleonasmo)

E esa miraxe  de partida confunde e estragao todo. Onde alicerza a nosa humillante anomalía? Nunha falsaria esquerda en continua e teimosa mutación ideolóxica para facerse querer polas maiorías eleitorais satisfeitas e indoctas? Ou na prepotente desvergoña dunha ultra-dereita nostálxica que inza polideportivos españoleando? Lembremos por se frisados os 44 anos de distancia esqueceramos o paraugas na cafetaría. Franco, aquel Caudillo asasino pola graza de Deus, morreu na cama dun hospital. Ninguén puido con ele nen co seu miserabel cortexo de sicarios. Desencadeou unha guerra que gañou, aterrorizou na pos-guerra e culminou o seu sanguento percurso impasible el ademán, deixando o seu legado amarrado e ben amarrado en forma dunha Restauración monárquica da súa libre designación. Os seus mandados fertilizaron o Réxime do 78, ratificado de palabra e obra por unha oposición que mutou en obediencia debida. De aí ese franquismo sociolóxico que agora con tanta aparente facilidade empolícase á actualidade. Aínda que cheire a vello, o que nos acontece é que non sabemos o que está a pasar, e nen fartos de viño queremos sabelo. Nin pajolera idea. Outra vez a xenealoxía cede ante a metonimia.

Mas como é que chegamos a isto? Degenerando, que dicía o clásico. Ou o que é igual que é o mesmo, coa Transición froito do Consenso como contrasinal. Ese bálsamo de Fierabrás que vale para todo menos para o que se empregou: que as vítimas cohabitaran cos seus verdugos, e pelillos á mar. Tal foi o cambio copernicano que imprimiu a esquerda ao abandonar a súa proposta de rotura democrática, republicana nas formas. Á pregunta “despois de Franco que”, socialistas, comunistas, uxetistas e comisionistas, a oposición de esquerdas en bloque, respondeu abrazando a impunidade dos gerifaltes da Ditadura en forma de amnistía urbi et orbi. Por vontade expresa das cúpulas dos “partidos antifranquistas” e os seus disciplinados cadros decidiuse facer borrón e conta nova. Con ese achanta, a cultura que preñou aquel réxime totalitario, cafre e venal até o derradeiro fétido alento, perpetuouse no enxerto que as novas institucións denominaron Transición. Alicerces daquela interminable Ditadura, como os estamentos Militar, Policial, Xudicial e a alta Administración dun Estado de Leis sen Dereito, foron asimilados como de curso legal polo engalanado Réxime do 78.
Suspeitosamente, os dous actos centrais que haberían de conformar a arquitectura desa mediocracia outorgada facturáronse antes de aprobarse a Constitución como sistema de normas fundamentais. A Amnistía e os Pactos da Moncloa, aprobados con só dez días de diferenza en outubro de 1977. O 15 de autos o Congreso dos Deputados por amplísima maioría dos seus deputados, e por suposto con toda a sedicente esquerda facendo piña co tardofranquismo, votou a favor da Amnistía. E poucos días máis tarde, o 25 dese mesmo mes, idéntico elenco repetía manobra cos Pactos da Moncloa (“Acordo sobre o programa de saneamento e reforma da economía e Acordo sobre o programa de actuación xurídica e política”, literalmente. Aquí os sindicatos CCOO e UXT fixeron de teloneiros subordinándose á iniciativa dos líderes políticos. A histórica central anarcosindicalista CNT foi a encargada de augarlles a festa, promovendo unha campaña en solitario en contra á vez que encabezaba unha folga de gasolineiras en Barcelona que practicamente paralizou a cidade.
Con esas trazas, e visto desde a ignorancia supina do presente, alguén podería pensar que á esquerda a meteron un gol con esa amnistía que borrou dunha plumada o inmediato pasado das hooligans da Ditadura. Foi ao revés para máis escarnio. Presentada a consideración da Cámara polo partido no Goberno, a Unión do Centro Democrática (UCD) do último secretario xeral do Movemento Nacional (o partido único fascista), que gañara as primeiras eleccións libres en xuño (e esa é outra de xeito extraordinario), a norma foi validada por toda a “oposición” con pleno coñecemento de causa (296 a favor, 2 en contra, 18 abstencións e un nulo). Como proba do estropicio autoinfligido basta lembrar o que dixo para defender a súa posición o deputado do Partido Comunista de España (PCE), naquel momento todopoderoso líder de Comisións Obreiras, Marcelino Camacho:” …a primeira proposta presentada nesta Cámara foi precisamente feita pola Minoría Parlamentar do Partido Comunista e do PSUC o 14 de xullo e orientada precisamente a esta amnistía. E non foi un fenómeno da casualidade, señoras e señores Deputados, é o resultado dunha política coherente e consecuente que comeza coa política de reconciliación nacional do noso Partido (…) Nós considerabamos que a peza capital desta política de reconciliación nacional tiña que ser a amnistía. Como poderiamos reconciliarnos os que nos estivemos matando os uns aos outros, se non borrabamos ese pasado dunha vez para sempre?” (Diario de Sesións). Un nihil obstat alto e claro. Non había dúbidas: “reconciliarnos os que estabanse  matando os uns aos outros” (sic). Con semellante, si, bwana, aqueles comités de defensa da borbonía (CDB) deron o paso franco á ignominia que aínda nos caracteriza. Lexitimaron o terrorismo de Estado senón o xenocidio ideolóxico. O da “correlación de debilidades”, para justipreciar tamaño derrape, viría despois, da pluma de Manuel Vázquez Montaban, haxiógrafo de Dolores Ibarruri, “A Pasionaria”, Premio Lenin da Paz. Nulla éthica sine aesthetica.

Nesas estabamos (tamén se enterrou a cabeza baixo a á coa detención da UMD ou a entrega do Sahara occidental a Marrocos e Mauritania), e a pregunta xa non é como chegamos a isto senón como tardamos tanto. Porque a cultura daquel franquismo homicida homologouse nesta democracia como franquía ben avenida. Nen os partidos de fasquía fascista (as diferentes falanxes e outras seitas con código de barras facha), nin os usos e costumes daquela cultura de charanga e pandereita vermello e gualda (aí está o flamear da España dos balcóns e as bandeiras), nin os recoñecementos oficiais polos macabros servizos prestados á Ditadura (o medalleiro con asignación dineraria a torturadores de longo percorrido como Billy El Niño) foron derrogados. O que hoxe nos pasa é sinxelamente que o pasado que nunca se foi porque non quixemos alcánzanos e pide mando en praza. Por iso, alma de cántaros, resulta tan patético ese pranto e crujir de dentes dos herdeiros daquela esquerda da mayestática claudicación ante o galopar dos novos bárbaros. Heraldos negros preñados na Santabárbara da Transición e o esquife do Consenso. E pensar que agora o PSOE, con Pedro Sánchez ao temón do Goberno, está engrasando a alerta antifascista e a trashumación da momia do Pardo para activar á esquerda que perdeu a súa sombra. O insigne prócer que leva no seu estandarte de campaña a lema “Ahora, España” e que dixo ante a CNN ianqui “El Rei representa os valores da Segunda República”. Verde e con asas: santa rita rita?

E logo que. Virar garupas!!! Procurar o punto de ignición en que se fodeu todo. Só así poderemos esclarecermos e deixarmos de zapear fronte a miasmas fantasmagóricas. Empezando por saber, como ben lembrou o xornalista e escritor libertario Eduardo de Guzmán no seu espléndido libro sobre as constitucións (un orgulloso ácrata, primeiro en escribir un texto sobre a Norma Suprema kelseniana tras a oprobiosa!), que a síntese da historia de España computa océanos de tiranías entre regachos de democracias. Concluamos, pois, en reactivo. O esencial dos réximes de dominación, como o franquismo da herdanza recibida, e as democracias distópicas, como a que nos ilustra desde o 78 na “indisoluble unidade da nación española”, consiste en pór marcos e reprogramar á sociedade nun sistema de autoritarismo unidireccional, vertical, xerárquico e carismático, onde a sociedade civil é un simples simulacro, e son as estruturas identitarias, de partido único ou múltiple, as que curtan o bacallau. Porqué será que é nos países do Leste que orbitaban sobre a antiga URSS (as afamadas “democracias populares” do “socialismo real”), nestes momentos, envorcados ao neoliberalismo rampante, onde máis prosperan e arraigan os Gobernos ultranacionalistas, racistas e homófobos. A mal chamada República Democrática Alemá do século pasado, hoxe leva a palma como santuario de neonazis.
Cando non hai sociedade civil constante e sólida (porque ela foi asasinada, secuestrada, alugada ou esquilmada), nen prácticas de liberdade en común, non existe máis que Estado constructo, sen alma, ao recado das oligarquías pensantes e controlantes E ese Estado, agora e sempre, regulando ou desregulando, son eles, os eternos principais. Por iso este 20-N do 2019, corenta e catro anos transcorridos, algúns o auguran como o signo do eterno retorno (dos feiticeiros; no Ateneo de Madrid acaban de conmemorar o 86 aniversario da fundación de Falanxe Española e das JONS por José Antonio), aos acordes triunfais da canción do esquecemento. Elipse na memoria, lava no pensamento e caveira na conciencia.

(Nota: este artigo foi publicado no blog Alkimia da revista El Salto de novembro)

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off