off
Galiza, Movementos sociais, Traballo — 14 Novembro, 2019 at 7:54 a.m.

Terceira xeira do xuizo a Pintos

by
Audiencia da Coruña esta mañá

Este xoves é a última sesión do xuízo a Suso Pintos, cuxo proceso vai concluso para a sentenza. Con tal motivo, a CIG realizará unha nova concentración de delegadas e delegados diante da Audiencia, entre ás 09:30 e ás 11:00 horas, en contra da criminalización da mobilización social e en apoio ao sindicalista Xesús Anxo López Pintos.

Nesta terceira xeira, declararán 11 sindicalistas e traballadoras que aparecen no vídeo que rexistrou un cámara da Sexta Tv, que tamén deporá como testemuña  do acontecido aquel serán, cando a protesta convocada polo comité de Navantia e de Poligal en demanda de carga de traballo e por unhas condicións laborais dignas se desenvolveu de maneira pacífica diante do Hotel Almirante, onde o PP realizaba o acto de inicio de campaña ás autonómicas de 2012; como as persoas asistentes ao acto puideron saír sen problema pola porta principal e só varios cargos do PP decidiron saír pola porta de atrás.

Foi entón cando se produciron as cargas policiais desproporcionadas  nas que a policía, segundo se poderá evidenciar  coas probas achegadas pola defensa, impactó directamente a Pintos, a quen bateran varias veces e a quen ameazaron con romperlle a cabeza se non se daba a volta mentres o tiñan deitado no chan A seguir, chegarán as conclusións, momento en que resta ver se o promotor  altera as acusacións contra o sindicalista.

Concentracion en solidariedade a Suso Pintos. Audiencia da Coruña,19-nov-13 Foto: CIG

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off