O Goberno español por propia iniciativa do interino Sánchez, quer dicer do goberno ou dunha instancia administración pública e sen tutela xudicial poderá intervir internet. Con esta noval lei Corcuera dixital, Sánchez está ollando acabar coa versión dixital do estado autónómico.Unha ameaza às liberdades sen tañeiras.
O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou onte o decreto que hai uns días aprobara o Consello de Ministros contra a “república dixital catalá” incluíndo unha sorpresa: o executivo español resérvase o poder de intervir na prestación de servizos dixitais, tamén para privadas, no caso de que poidan afectar á “orde pública” sen necesidade de autorización xudicial. A escusa que a semana pasada reivindicou o presidente en funcións do Goberno, Pedro Sánchez, foi parar idéntico, o proxecto impulsado pola Generalitat para crear unha identidade dixital oficial catalá. “Non haberá independencia fóra de liña nen en liña”, xustificou o presidente español hai uns días. Mas a regra parece centrarse agora en pelexar sitios web como o “Tsunami Democrático”, unha organización que a Audiencia Nacional decidiu investigar por suposto “terrorismo”.
O goberno implementará a tecnoloxía “blockchain” na administración para blindar a seguridade no procesamento de datos
O executivo español xa tiña poderes nese campo se apresentase razóns de seguranza pública, mas agora, e diante do que o texto descrebe como “eventos sérios que ocorreramb em parte do território español” – para non mencionar explicitamente a Cataluña -, sua marxe de desempeño é expandido.
Estado de excepción dixital como na China ou Turquía
O goberno de Pedro Sánchez alarga a xeira represora encetada co anuncio da reforma do Código Penal para criminalizar a convocatoria do referendo.Um verdadeiro estado de excepción que permitirá a “xestión direta ou a intervención das redes e servizos de comunicación electrónicas…para preservar ou restablecer a orden pública, a seguranza pública e a seguranza nacional”.
Nova “lei Corcurera”
A máis de “recentralizadora” o goberno español quer limitar o uso de internet gratuíta. Tamén a lei Corcuera permitía ás forzas de seguridade entrar na propiedade privada sen unha orde xudicial. Sánchez está ollando acabar coa versión dixital do estado autónómico, xa que tamén permitirá que a Moncloa bloquee o uso da tecnoloxía blockchain na construción de identidades nacionais como a catalá (“a república dixital”), a galega ou a basca, limitando a capacidade de interlocución internacional de centros autonómicos de ciberseguridade -a Generalitat vén de pór en marcha o catalá- e supervisa calquera despregamento de fibra óptica. Por iso espetou no debate que os poderes da mídia pública tiñan que ser limitados. Lea: para censurar a TV3 e o que for preciso. Unha ameaza às liberdades sen tañeiras.
