off
Agro, Cedeira, Galiza — 4 Novembro, 2019 at 1:07 p.m.

Un dos mellores queixos de vaca do mundo é galego e de tetilla

by

O queixo tetilla das Queixerias Sarrianas logrou na cidade de Bérgamo (Italia) o premio Super Gold ao mellor queixo de vaca de pasta branda nos World Cheese Awards 2019 fallados esta segunda-feira. A queixería galega de San San Salvador do Mato en Sarria presentou o seu tradicional queixo de tetilla da denominación de orixe protexida, con 7 días minímo de maduración pasta branda, manteigosa e poucos ollos.

Alén do ouro, mais 6 bronces para os mestres queixeiros galegos. A Queixería Barral  acada dous bronces, un polo Queixo Tetilla DOP e outro por un Arzúa Ulloa DOP. A Queixeria Don Crisanto gaña mais dous bronces cos queixos de Tetilla Don Crisanto e un San Simón da Costa.  a Queixeria Casleiras  obtén un bronce polo Casleiras San Simon da Costa DOP e, finalmente,  un bronce para un semicurado de cabra da Cooperativa A MeixoEira de Moaña.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off